Eden Alene
Eden Alene | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | ኤደን አለነ e עדן אלנה |
Nacemento | 7 de maio de 2000 |
Lugar de nacemento | Xerusalén |
Nacionalidade | Israel |
Relixión | xudaísmo |
Alma máter | Hebrew University Secondary School |
Ocupación | cantante |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Eden Alene (en hebreo: עדן אלנה; amhárico: ኤደን አለነ), nada o 7 de maio de 2000 en Xerusalén, é unha cantante israelí de ascendencia xudía etíope. Após gañar a sétima tempada do concurso de canto HaKokhav HaBa, foi elixida para representar Israel no Festival de Eurovisión 2020, que se ía celebrar en Rotterdam, nos Países Baixos.[1] Trala cancelación do evento por mor da pandemia por coronavirus, confirmouse que fora elixida de novo de xeito interno para representar o seu país na edición de Eurovisión de 2021.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Israel chooses Eden Alene for Eurovision 2020". Eurovision.tv. 4 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2020. Consultado o 4 de xuño de 2020.
- ↑ Agam, Åri (22 de marzo de 2020). "Eden Alene will represent Israel at Eurovision 2021". Wiwibloggs.com.