Saltar ao contido

Edelmiro Dios Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEdelmiro Dios Vázquez
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Morte4 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata
Bora Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, político, ferreiro Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 14971

Edelmiro Dios Vázquez, nado en Pontevedra e finado no mesmo concello o 4 de setembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ferreiro. Vicesecretario do PSOE de Pontevedra e presidente da Juventud Socialista local, militante da UGT e membro da dirección local do Socorro Vermello Internacional. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido, pero foi posto en liberdade a finais de novembro.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu oculto na zona de Paredes (Vilaboa) xunto a un compañeiro, pasando despois a Cobres; na noite do 3 de setembro, unha delación levou a que falanxistas e cívicos rodeasen a casa na que estaban agochados.[2] Conducidos ao cuartel do Campo da Feira, foron salvaxemente torturados. A pesar de quedar á disposición do xuíz militar, o seu cadáver apareceu a mañá do 5 de setembro no cemiterio de Bora. En agosto de 1940 foi condenado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas a 10 anos de desterro a 150 quilómetros de Pontevedra, 10 anos de inhabilitación absoluta e multa de 250 pesetas.[3][4]

  1. El Pueblo Gallego, 1-12-1934, p. 12.
  2. Diario de Pontevedra, 4-9-1936, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 21-8-1940, p. 6.
  4. BOE, 6-10-1940, p. 4665.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]