Eddie Daniels

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eddie Daniels
Nacemento19 de outubro de 1941
Lugar de nacementoNova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterFiorello H. LaGuardia High School e Berklee College of Music
Ocupaciónclarinetista, músico de jazz e saxofonista
Na rede
http://www.eddiedanielsclarinet.net/
Spotify: 3ISnQ3eaEt4SEnd7GSInCO Musicbrainz: f31b4a7b-ac26-45af-8241-7fbc7212f23e Songkick: 82201 Discogs: 200783 Allmusic: mn0000171743 Deezer: 112212 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Eddie Daniels, nado o 19 de outubro de 1941 en Nova York, é un músico e compositor norteamericano. A súa faceta máis coñecida é a de clarinetista de jazz, porén tamén toca o saxofón soprano, alto e tenor. Así como compaxina o jazz coa música clásica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Daniels naceu no seo dunha familia xudía, sendo a súa nai orixinaria de Romanía. Creceu no barrio Brighton Beach de Brooklyn.

De adolescente comezou a interesarse no jazz cando veu a músicos que acompañaban a cantantes como Frank Sinatra, nas súas gravacións. O primeiro instrumento que tocou Eddie foi o saxofón alto e, a idade de 15 anos, xa tocara no concurso xuvenil Newport Jazz Festival.

Na facultade foi cando comezou a tocar o clarinete.

Daniel fixo varias xiras e gravacións con diferenes bandas, pequenos grupos e orquestras, aparecendo en televisión nalgunha ocasión.

A partir do ano 1980 céntrase principalmente no clarinete. Nesta década, 1989, gañou o Grammy por tocar Memos fron Paradise de Roger Kellaway.

Eddie Daniels tamén tocou con Thad Jones e recentemente foi o artista convidado na Big Path Band de Gordon Goodwin para participar no álbum Swingin' for the fences, o primeiro da banda. Participou no arranxo de Goodwin da 40 Sinfónica en sol menor de Mozart no álbum XXL e no álbum da Big Path Band The Path Pack a canción Under the wire.

No ano 2009o compositor e saxofonista suízo Daniel Schnyder compuxo o Concerto para clarinete e orquestra MATRIX 21 adicado a Eddie Daniels. Este concerto foi encargado pola Orchestre de Chambre de Lausana (Suíza) e polo que foi premiada e mundialmente recoñecida en xaneiro de 2010 en Lausana baixo a dirección de Christian Zacharias. En Estados Unidos estreouse o 18 de xullo de 2010 baixo a batuta de Jens Georg Bachmann.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Páxina oficial