Economía do Paraguai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Paraguai
Moeda Guaraní
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Mercosur (suspenso), Unasur
Datos estatísticos[1]
PIB 41,1 mil millóns (2012)
Posición do PIB 101ª no mundo[2]
Crecemento do PIB -0,5% (2012)
PIB per cápita 6 100 (2012)
PIB por sector agricultura 19,8%, industria 19,4%, servizos 60,8% (2012)
Inflación 4,6% (2012)
Poboación abaixo da liña da pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 3.137.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 26,5%, industria 18,5%, servizos 55% (2008)
Desemprego 6,9% (2012)
Industrias azucre, cemento, téxtiles, bebidas, produtos de madeira, aceiro, metalurxía, enerxía eléctrica
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 4,7 mil millóns (2012)
Produtos de exportación soia, alimentos para animais, algodón, carne, aceites comestibles, madeira, couro
Principais mercados Uruguai 15%, Brasil 11,4%, Arxentina 10,2%, Chile 8,3%, Rusia 6,6%, Países Baixos 5,4%, Alemaña 4,3% (2011)
Importacións 9,7 mil millóns (2012)
Principais produtos importados ferrocarrís, bens de consumo, tabaco, derivados de petróleo, máquinas eléctricas, tractores, produtos químicos, pezas de vehículos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 2 245 millóns (2012)
Receitas 4 687 millóns (2012)
Despesas 5 122 millóns (2012)

Paraguai, país sen litoral aínda que con bos portos fluviais, cunha grande economía informal, destácase pola reexportación de bens de consumo aos seus veciños, así como pola actividade de pequenas e micro empresas e de vendedores urbanos. Unha parte considerable da súa poboación vive da agricultura, especialmente a de subsistencia[1].

Debido á extensión do sector informal, informacións económicas precisas son difíciles de obter. As actividades agrícolas e gandeiras, comerciais e de servizos predominan. O sector industrial aínda non se atopa moi desenvolvido, e baséase principalmente no procesamento de bens agrícolas e gandeiras. O país é o 6º produtor mundial de soia[1].

A Usina Hidroeléctrica de Itaipú (na fronteira co Brasil) abastece 95% das necesidades paraguaias, e permite exportar o excedente ó país veciño. O Paraguai tamén é membro do Mercosur dende a fundación do bloco, en 1991.

A economía creceu rapidamente entre o 2003 e o 2008, debido ao crecemento da demanda combinada coa alza de prezos dos produtos primarios, axudado por condicións climáticas favorables. Con todo, unha seca o comezo de 2008 reduciu as exportacións de produtos agrícolas antes da recesión global. Debido á redución das exportacións, a economía sufriu unha caída de 3,5% o 2009. O goberno reaccionou a través de medidas de estímulo fiscal e monetario. A corrupción, os limitados progresos nas reformas económicas e a precaria infraestrutura son obstáculos ao crecemento a longo prazo[1].

Notas[editar | editar a fonte]