Economía do Líbano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Líbano
Moeda libra libanesa
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, CCG e outros
Datos estatísticos[1]
PIB 58,65 mil millóns (2010)
Posición do PIB 87ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 7,2% (2010)
PIB per cápita $ 14.200 (2010)
PIB por sector agricultura 5,1%, industria 15,9%, comercio e servizos 79% (2010)
Inflación 3,7% (2010)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 1.481.000 (2010)
Forza de traballo por sector dato non dispoñíbel
Desemprego dato non dispoñíbel
Industrias bancos, turismo, procesamento de alimentos, viño, xoias, cemento, téxtiles, produtos minerais e químicos, madeira e móbiles, refino de petróleo, fabrico de metais
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 5 187 millóns (2010)
Produtos de exportación xoias, metais de base, produtos químicos, bens de consumo diversos, froitas e legumes, tabaco, materiais de construción, máquinas para xeración de enerxía, fibras téxtiles, papel
Principais mercados Suíza 22%, Emiratos Árabes Unidos 10%, Iraq 8%, Arabia Saudita 7%, Siria 6% (2009)
Importacións 17 970 millóns (2010)
Principais produtos importados derivados de petróleo, automóbiles, produtos medicinais, roupas, carne e animais vivos, bens de consumo, papel, tecidos para produción de roupa, tabaco, máquinas e equipamentos eléctricos, produtos químicos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 34,45 mil millóns (2010)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

A economía de Líbano, así como a súa calidade de vida, foi das máis prósperas de todo o Oriente Medio. Con todo coa guerra civil libanesa entre 1975 e 1990, toda a economía do país foi afectada, a produción nacional foi cortada pola metade e o país deixou de figurar como centro financeiro rexional.[1]

Co termo do conflito interno e a recuperación da estabilidade política, o país mobilizouse na reconstrución. Para realizala, Líbano recibiu de inmediato preto de 15 mil millóns de dólares de países como Francia e Alemaña e tamén dos Estados Unidos. Coa infraestrutura reconstruída, a economía volveu crecer cunha das máis altas taxas do mundo, facéndose un polo de crecemento na rexión. A capital, Beirut (chamada o "París do Oriente") volveu gañar relevancia no escenario rexional, acollendo varios eventos.

O país volveu ser chamado a "Suíza do Oriente" debido ás actividades financeiras alí realizadas. A reconstrución de monumentos e infraestruturas atraeu o turismo, que crece cada ano.

Actualmente, Líbano volveu ter un dos máis elevados niveis de vida de Oriente Medio. O país ten unha economía de libre mercado baseada no sector de servizos. Non hai restricións aos investimentos estranxeiros, pero o país sofre altos impostos e taxas, corrupción, suborno e escasa protección aos dereitos de propiedade intelectual[1].

Notas[editar | editar a fonte]