Economía do Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Brasil
Moeda Real brasileiro
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Mercosur, Unasur, G20 e outras
Datos estatísticos[1]
PIB 2 362 mil millóns (2012)
Posición do PIB 8ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 1,3% (2012)
PIB per cápita $ 12 000 (2012)
PIB por sector agricultura 5,4%, industria 27,4%, comercio e servizos 67,2% (2012)
Inflación 5,5% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza 21,4% (2009)
Total da forza de traballo 107.100.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 15,7%, industria 13,3%, comercio e servizos 71% (2011)
Desemprego 6,2% (2012)
Industrias téxtil, calzados, produtos químicos, cemento, madeira, minerio de ferro, estaño, aceiro, avións, motores e pezas de vehículos, máquinas e equipamentos
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 242 mil millóns (2012)
Produtos de exportación equipamentos de transporte, minas de ferro, soia, calzados, café, automóbiles
Principais mercados República Popular de China 17%, Estados Unidos 10,8%, Arxentina 7,5% (2012)
Importacións 238,8 mil millóns (2012)
Principais produtos importados máquinas, equipamentos eléctricos e de transporte, produtos químicos, petróleo, pezas para automóbiles, electrónicos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 405,3 mil millóns (2012)
Receitas 911,4 mil millóns (2012)
Despesas 846,6 mil millóns (2012)

A economía do Brasil é a 8ª do mundo[1] e a máis grande de América Latina, tendo ultrapasado México o 2004. Responde por 3/5 da produción industrial da América do Sur[3].

Comercio exterior[editar | editar a fonte]

Os principais socios comerciais do Brasil son: Unión Europea, Estados Unidos, Arxentina e a República Popular China.

Ver os principais produtos importados e exportados en 2006.

O Brasil é a 6ª economía mundial en tamaño segundo o Banco Mundial[4], máis grande que Rusia, pero en Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) está só en 72° lugar.

O primeiro produto económico do Brasil foi o azucre durante o período colonial. Coa independencia, un novo ciclo económico xurdiu, agora co café. Ese momento foi fundamental para o desenvolvemento do estado de Sao Paulo, que acabou por converterse o máis rico do país.

A pesar de ter, ao longo da década dos 90, unha mellora na produción de bens agrícolas, o que converteu ao Brasil no líder mundial en diversos produtos, coa reformas introducidas polo goberno federal, as exportacións brasileiras diversificáronse, cunha enorme inclusión de bens de alto valor agregado, como xoias, avións, automóbiles e pezas de roupa.

Actualmente o país está entre os 20 principais exportadores do mundo, co US$ 96 mil millóns vendidos, entre produtos e servizos, a outros países en 2004. En poucos anos esperase que o Brasil estea entre as principais plataformas de exportación do mundo.

Notas[editar | editar a fonte]