Economía de Usbequistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Uzbequistán
Moeda Som Usbeco
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, CEI, OCE
Datos estatísticos[1]
PIB 86,07 mil millóns (2010)
Posición do PIB 75ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 8,2% (2010)
PIB per cápita $ 3100 (2010)
PIB por sector agricultura 21,2%, industria 32,3%, comercio e servizos 46,4% (2010)
Inflación 15% (2010)
Poboación abaixo da limiar de pobreza 26% (2008)
Total da forza de traballo 16 millóns (2010)
Forza de traballo por sector agricultura 44%, industria 20%, comercio e servizos 36% (1995)
Desemprego 1,1% (2010)
Industrias textis, procesamento de alimentos, construción de máquinas, metalurxía, ouro, petróleo, gas natural, produtos químicos
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 13,13 mil millóns (2010)
Produtos de exportación Produtos de enerxía, algodón, ouro, fertilizantes minerais, metais ferrosos e non ferrosos, textis, produtos alimentares, maquinaría, automóbiles
Principais mercados Ucraína 29,91%, Rusia 13,94%, Turquía 7,53%, Kazajstán 7,26%, Bangladesh 6,83%, República Popular de China 5,69%, Corea do Sur 4,19% (2009)
Importacións 9,44 mil millóns (2010)
Principais produtos importados Maquinaria e equipamentos, alimentos, substancias químicas, metais ferrosos e non ferrosos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 4,236 mil millóns (2010)
Receitas 8.005 millóns
Despesas 8.127 millóns (2008)

O Usbequistán era unha das zonas máis pobres da antiga Unión Soviética con máis de 60% da súa poboación vivindo en comunidades rurais densamente poboadas. A súa economía estivo orientada desde a súa independencia a unha transición gradual a unha economía de mercado; con todo, o progreso en reformas económicos foi cauteloso e rexistrou algúns logros. Aínda non se eliminou a brecha entre o mercado negro e as taxas de cambio oficiais. O comercio restritivo do réxime e as súas políticas xeralmente intervencionistas seguen tendo efectos na súa economía. Entre as restricións imperantes atópase a capacidade de convertibilidade da moeda e outras medidas gobernamentais para controlar a actividade económica, incluíndo a implementación de severas restricións ás importacións e peches esporádicos das súas fronteiras cos veciños Kazajstán, Quirguicistán e Taxiquistán, os cales levaron a organizacións internacionais a suspender ou dar marcha atrás os créditos proxectos.

O Goberno de Usbequistán, que traballa en estreita colaboración co Fondo Monetario Internacional, realizou considerables progresos na redución da inflación e o déficit orzamentario. A moeda nacional (o Som Usbeco) fíxose convertible en 2003 como parte do programa de estabilización deseñado polo FMI, aínda que seguen existindo algunhas restricións administrativas. A agricultura e a industria manufactureira contribúen igualmente na economía, representando cada un aproximadamente unha cuarta parte do PIB.[3] Actualmente o Usbequistán é 2º maior exportador de algodón do mundo e o 5º produtor mundial[1], aínda que a importancia deste produto declinou significativamente desde a súa independencia. Así mesmo, Usbequistán é un gran produtor de ouro, coa maior mina ao descuberto de ouro no mundo, posúe depósitos substanciais de cobre, minerais estratéxicos, e é tamén grande produtor de ouro e gas natural.

Notas[editar | editar a fonte]