Economía de Turkmenistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Economía de Turcomenistán»)
Economía de Turkmenistán
Moeda manat turcomán
Organizacións comerciais de que fai parte CEI, OCE
Datos estatísticos[1]
PIB 36,64 mil millóns (2010)
Posición do PIB 101ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 11% (2010)
PIB per cápita $ 7400 (2010)
PIB por sector agricultura 10,2%, industria 30%, comercio e servizos 59,8% (2010)
Inflación 12% (2010)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 2,3 millóns (2008)
Forza de traballo por sector agricultura 48,2%, industria 14%, comercio e servizos 37,8% (2004)
Desemprego 60% (2004)
Industrias gas natural, petróleo e derivados, téxtiles, procesamento de alimentos
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 9 672 millóns (2010)
Produtos de exportación gas natural, petróleo cru, petroquímicos, téxtiles, fibra de algodón,
Principais mercados Ucraína 22,3%, Turquía 10,27%, Hungría 6.75%, Emiratos Árabes Unidos 6,25%, Polonia 6,16%, Afganistán 5,79%, Irán 5,17% (2009)
Importacións 4 888 millóns (2010)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos, produtos químicos, alimentos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 5 mil millóns (2010)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Turkmenistán é un país desértico cunha agricultura intensa en oasis irrigados, e amplas reservas de petróleo e gas natural. Os principais produtos cultivados son o algodón, principalmente para exportación, e trigo para o consumo doméstico. Malia a agricultura representar apenas o 10% do produto interno bruto ela emprega case metade da forza de traballo.[1] O país tamén depende da explotación do petróleo, que representa uns 60 % das súas exportacións.

Cun autoritario goberno ex-comunista no poder e unha estrutura social tribal, fai unha aproximación cautelosa ás reformas económicas e busca utilizar as rendas de exportación de gas natural e algodón para manter a súa ineficiente economía. As metas de privatización aínda son tímidas.[1]

Entre o 1998 e o 2005 sufriu pola ausencia de vías adecuadas de exportación de gas natural e por obrigacións con débedas de curto prazo. Con todo, as exportacións empezaron a crecer case 15% ao ano entre o 2003 e o 2008 principalmente debido ao alza de prezos internacionais do petróleo e do gas. Novos gasodutos cara á República Popular da China e Irán que empezaron a funcionar en fins de 2009 e comezo de 2010 propiciaron ao país novas rutas de exportación, malia estas novas vías non compensaren completametne a caída de exportacións de gas cara a Rusia o 2009.[1]

As perspectivas xerais no curto prazo son desencoraxantes, debido á grande e diseminada pobreza, corrupción endémica un sistema educativo precario, o mal uso por parte do goberno das riquezas xeradas polo petróleo e gas, e a relutáncia de Achkhabad en adoptar reformas orientadas ó mercado[1]. No pasado as estadísticas económicas de Turkmenistán eran secretas. O novo goberno estableceu unha axencia estatal para estadísticas, pero o produto interno bruto e outros indicadores están suxeitos a grandes marxes de erro.[1] O país forma parte da organización económica internacional CEI (Comunidade de Estados Independentes).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 The World Factbook. Consultado o 24 de marzo 2011
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).