Economía de Tonga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Tonga
Moeda pa'anga
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Sparteca
Datos estatísticos[1]
PIB 551,7 millóns (2009)
Posición do PIB 210ª no mundo[2]
Crecemento do PIB -0,5% (2009)
PIB per cápita $ 4.600 (2009)
PIB por sector agricultura 25%, industria 17%, comercio e servizos 57% (2006)
Inflación 5,9% (2009)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 39.960 (2009)
Forza de traballo por sector agricultura 31,8%, industria 30,6%, comercio e servizos 37,6% (2003)
Desemprego 13%% (2004)
Industrias turismo, construción, pesca
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 22 millóns (2006)
Produtos de exportación abóbora, peixe, sementes de vainilla, raízes
Principais mercados Os Estados Unidos 28,2%, o Xapón 11,4%, Nova Zelandia 11,4%, Taiwán 9,5%, Fidxi 6,8%, Samoa 5,7%, Australia 4,6%, Corea do Sur 4,2%, Hong Kong 4,1% (2008)
Importacións 139 millóns (2006)
Principais produtos importados alimentos, máquinas e equipamentos de transporte, combustibles, produtos químicos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 80,7 millóns(2004)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Tonga ten unha economía pequena e aberta, e unha base de exportación reducida a poucos produtos agrícolas. Os principais son a cabaza, vainilla e o iñame. Incluíndose tamén o peixe, os produtos primarios representan o 2/3 das exportacións. O país importa unha gran cantidade de alimentos, especialmente de Nova Zelandia[1].

O país depende tamén das remesas de diñeiro das comunidades tonganesas residentes no exterior para equilibrar o seu déficit comercial. O turismo representa a segunda fonte de ingresos do país: o 2006 39.000 persoas visitaron o país[1].

O goberno estimula o desenvolvemento do sector privado, incentivando especialmente os investimentos, mentres concentra os gastos públicos en saúde e educación. Tonga ten unha infraestrutura básica razoable e un servizo social desenvolvido. O elevado desemprego entre os mozos, o crecemento da inflación, as presións por reformas democráticas e o crecemento dos gastos en servizos sociais son os principais desafíos do goberno[1].

Notas[editar | editar a fonte]