Economía de Tailandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Tailandia
Moeda Baht
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, ASEAN, APEC
Datos estatísticos[1]
PIB 580,3 mil millóns (2010)
Posición do PIB 25ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 7,6% (2010)
PIB per cápita $ 8,700 (2010)
PIB por sector agricultura 10,4%, industria 45,6%, comercio e servizos 44% (2010)
Inflación 3,3% (2010)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 38,7 millóns (2010)
Forza de traballo por sector agricultura 42,4%, industria 19,7%, comercio e servizos 37,9% (2008)
Desemprego 1,2% (2010)
Industrias turismo, téxtiles e roupas, procesamento agrícola, bebidas, tabaco, cemento, manufacturas (xoias, aparellos eléctricos, computadores e pezas, circuítos integrados), móbiles, plásticos, automóbiles e pezas, tungsteno (2º produtor mundial), estaño
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 191,3 mil millóns (2010)
Produtos de exportación téxtiles e calzados, produtos de pesca, arroz, caucho, xoias, automóbiles, equipamentos eléctricos e computadores
Principais mercados Estados Unidos 10,9%, República Popular da China 10,6%, Xapón 10,3%, Hong Kong 6,2%, Australia 5,6%, Malaisia 5% (2009)
Importacións 156,9 mil millóns (2010)
Principais produtos importados bens de capital, bens intermediarios e materias primas, bens de consumo, combustíbeis
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 82,5 mil millóns (2010)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Cunha boa infraestrutura, unha economía de mercado aberto, políticas favorables a investimentos e fortes políticas de exportación, Tailandia tivo un sólido crecemento entre os anos 2000 e 2007, superior a 4% ao ano,[1] alcanzando cotas do 6,9% e 6,1% en 2003 e 2004, tras recuperarse da crise asiática do 1997-1998.[1]

Durante a última etapa do Goberno do primeiro ministro Thaksin en 2006, o nivel de investimentos descendeu un 26%. A crise financeira global do 2008-2009 afectou severamente ás exportacións do país, coa maioría dos sectores sufrindo reducións significativas. O 2009 a economía contraeuse nun 2,2%[1]. No 2010 a economía recuperouse e expandiuse un 7,6%, o seu máis alto crecemento dende o 1995. As exportacións recuperáronse da súa caída no 2009[1]. As protestas contra o goberno entre marzo e maio polarizaron a situación política e tiveron un impacto no consumo e no nivel de confianza dos consumidores[1].

A pesar de haber sido afectado o turismo durante as protestas, a súa rápida recuperación axudou a elevar a confianza dos consumidores e dos negocios. O PIB medrou o 0,1% no ano 2011 [3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 18 de xuño de 2007. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 
  3. ""Economic Outlook: Thai Economic Performance in 2011 and Outlook for 2012 Office of the National Economic and Social Board.Consultado o 24 de marzo de 2012." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de febreiro de 2013. Consultado o 24 de abril de 2012.