Economía de Omán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Omán
Moeda Rial omaní
Organizacións comerciais de que fai parte OMC
Datos estatísticos[1]
PIB 90,66 mil millóns (2012)
Posición do PIB 76ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 5% (2012)
PIB per cápita 28 500 (2012)
PIB por sector agricultura 1,5%, industria 50,4%, servizos 48,1% (2012)
Inflación 3,5% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 968.800 (2007)
Forza de traballo por sector dato non dispoñíbel
Desemprego 15% (2004)
Industrias refino de petróleo e gas natural, construción, cimento, minería de cobre, aceiro, produtos químicos, fibras ópticas
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 48,43 mil millóns (2012)
Produtos de exportación petróleo, reexportacións, peixe, metais, téxtiles
Principais mercados República Popular da China 30,2%, Corea do Sur 10,9%, Emiratos Árabes Unidos 10,6%, Xapón 10,4%, India 9,2%, Tailandia 5,3%, Estados Unidos 4,6% (2011)
Importacións 23,37 mil millóns (2012)
Principais produtos importados máquinas e material de transporte, produtos manufaturados, alimentos, animais, lubrificantes
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 9 768 millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Mercado (souq) en Omán.

A economía de Omán mellorou significativamente dende 1999 co aumento do prezo do petróleo. Con todo, debido á diminución das reservas, o país desenvolveu plans que buscan diversificar a súa economía, atraer industrias e privatizar actividades, con vistas a diminuír a súa dependencia do petróleo a só 9% do PIB o ano 2020[1]. O turismo e as industrias alimentadas polo gas natural son os compoñentes principais da estratexia de diversificación do goberno. Ao adoptar técnicas de aumento da produtividade na extracción, o país conseguiu aumentar a súa produción en 2009, gañando máis tempo para as súas estratexias de diversificación[1]. O goberno prosegue coas privatizacións de servizos públicos e coa creación de leis comerciais que faciliten o investimento externo e organizen o orzamento do país.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 24/12/2018. Consultado o 12/06/2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).