Economía de Myanmar
Economía de Myanmar | |
---|---|
Moeda | kyat |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, ASEAN, BIMSTEC |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 89,23 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 77ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 6,2% (2012) |
PIB per cápita | $ 1 400 (2012) |
PIB por sector | agricultura 38,8%, industria 19,3%, comercio e servizos 41,8% (2012) |
Inflación | 3,1% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 33.410.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 70%, industria 7%, comercio e servizos 23% (2001) |
Desemprego | 5,4% (2012) |
Industrias | procesamento agrícola, madeira e produtos de madeira, cobre, estaño, tungsteno, ferro, cemento, materiais de construción, produtos farmacéuticos, fertilizantes, petróleo e gas natural; roupas, xade e pedras preciosas |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 8 529 millóns (2012) |
Produtos de exportación | gas natural, produtos de madeira, legumes, feixón, peixe, arroz, roupa, xade e pedras preciosas |
Principais mercados | Tailandia 36,7%, República Popular da China 18,8%, India 14,1%, Xapón 6,6% (2011) |
Importacións | 7 137 millóns (2012) |
Principais produtos importados | tecidos, produtos derivados do petróleo, fertilizantes, plásticos, máquinas, equipamentos de transporte, cemento, materiais de construción, petróleo, produtos alimenticios, aceites comestibles |
Principais mercados | República Popular da China 38,8%, Tailandia 22,6%, Singapur 9,7%, Corea do Sur 5,4%, Malaisia 4,5%, Xapón 4,1% (2011) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 5 448 millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |

![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A situación económica de Myanmar é bastante delicada. A agricultura é a principal actividade económica; ocupa a case os 2/3 da poboación activa e contribúe nun 40% ó produto interior bruto. O cultivo predominante é o arroz, que ocupa preto da metade das terras cultivables. Os demais cultivos (algodón, cacahuete, hevea e té) son secundarios. É de destacar a produción de opio.
Durante as décadas de 1970 até o 2000, a forte centralización da economía en mans do Estado creou graves problemas. Na actualidade[cando?], unha parte importante da industria pesada, a enerxía e o comercio do arroz continúan en poder do Estado e o investimento privado céntrase no resto de sectores. Sen estabilidade monetaria nin fiscal, e cunha gran porcentaxe de mercado negro que obriga á administración a un férreo control do comercio de produtos alimenticios, o investimento estranxeiro oscila segundo os anos e as conxunturas, non permitindo o grao de estabilidade suficiente para permitir un crecemento sostido.
A explotación forestal é intensa: Myanmar ocupa a primeira posición mundial na produción de teca. As industrias extractivas, outrora destacadas, están hoxe día en retroceso, do mesmo xeito que a produción petrolífera. O sector industrial, anticuado, vive un momento delicado, cunha notable falta de investimentos.
A Organización Internacional do Traballo dentro do seu informe de xullo do 1998, describe a utilización sistemática de traballos forzados polos militares sobre a poboación civil.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2010. Consultado o 28 de abril de 2013.
- ↑ The World Factbook da CIA