Economía de Islandia
Economía de Islandia | |
---|---|
Moeda | coroa islandesa |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, AELC, OCDE |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 12,95 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 147ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 2,7% (2012) |
PIB per cápita | 39 400 (2012) |
PIB por sector | agricultura 5,3%, industria 24,4%, comercio e servizos 70,3% (2012) |
Inflación | 5,3% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 180.800 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 4,8%, industria 22,2%, comercio e servizos 73% (2008) |
Desemprego | 5,6% (2012) |
Industrias | {{{Industrias}}} |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 5,1 mil millóns (2012) |
Produtos de exportación | peixe e derivados 70%, aluminio, produtos animais, ferro-silicio, diatomito |
Principais mercados | Países Baixos 32,4%, Alemaña 15%, Reino Unido 9%, Noruega 4,4% (2011) |
Importacións | 4 699 millóns (2012) |
Principais produtos importados | máquinas e equipamentos, derivados de petróleo, alimentos, têxteis |
Principais mercados | Noruega 15,9%, EUA 10,8%, Alemaña 7,8%, Países Baixos 7,3%, República Popular da China 6,2%, Dinamarca 6,2%, Brasil 5,8%, Reino Unido 5,1% (2011) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 124,5 mil millóns (2011) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
A economía da Islandia é de tipo capitalista, semellante á doutros países escandinavos, con presenza dun estado do benestar social. Modesta en tamaño, depende en gran parte da pesca e industria relacionada, que responden de case o 70% das exportacións.
Ademais dos produtos de orixe mariña, outras produtos importantes na exportación son aluminio, ferro-silicio, equipamentos para pesca e procesamento de produtos marítimos e la. O comercio exterior desempeña un papel importante na economía da Islandia. Exportacións e importación equivalen, cada unha, a un terzo do PIB. A maior parte das exportacións é para os Estados Unidos, destacando tamén o Xapón. Cos seus volcáns, o país ten gran potencial de enerxía xeotérmica.
Antes da crise de 2008 o país tiña baixo desemprego, equilibrada distribución de renda e un forte crecemento.[1]. Despois da crise, as prioridades do goberno centráronse en estabilizar o valor da coroa islandesa, conter o déficit orzamentario, reestruturar o sector financeiro, conter a inflación e diversificar a economía.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2020. Consultado o 30 de marzo de 2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Islandia |