Economía de Iraq

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Iraq
Moeda Dinar iraquí
Organizacións comerciais de que fai parte OPEP
Datos estatísticos[1]
PIB 155,4 mil millóns (2012)
Posición do PIB 61ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 10,2% (2012)
PIB per cápita 4 600 (2012)
PIB por sector agricultura 8,7%, industria 63,8%, comercio e servizos 25,1% (2012)
Inflación 6,4% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 8,9 millóns (2012)
Forza de traballo por sector Agricultura 21,6%, industria 18,7%, servizos 59,8% (2008)
Desemprego 16% (2012)
Industrias {{{Industrias}}}
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 88,27 mil millóns (2012)
Produtos de exportación petróleo cru 84%, materias primas excepto petróleo 8%, alimentos e animais vivos 5%
Principais mercados Estados Unidos 36,8%, Italia 12,6%, Corea do Sur 9,5%, Taiwán 6,3%, España 5,2%, Canadá 4,7%, Francia 4,4%, Países Baixos 4,2% (2007)
Importacións 56,89 mil millóns (2012)
Principais produtos importados alimentos, medicamentos, manufacturados
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 50,26 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

A economía de Iraq caracterízase por unha forte dependencia da exportación de petróleo e por acentuar un desenvolvemento dirixido por organismos centrais. Antes do inicio da guerra contra Irán en setembro de 1980, o futuro da economía iraquí era brillante. A produción de petróleo alcanzara o nivel de 3,5 millóns de barrís por día e os ingresos do petróleo sumaban 21.000 millóns de dólares en 1979 e 27.000 millóns de dólares en 1980. Ao comezar a guerra, Iraq acumulara aproximadamente 35.000 millóns de dólares en reservas de divisas.

Guerra Irán-Iraq[editar | editar a fonte]

A guerra entre Irán e Iraq esgotou as reservas de divisas de Iraq, destruíu a súa economía e deixou ao país unha débeda externa superior aos 40.000 millóns de dólares. Despois do fin do conflito, as exportacións de petróleo empezaron a subir, aos poucos, grazas á construción de novos oleodutos e á restauración das instalacións destruídas.

Presente[editar | editar a fonte]

Os últimos anos, a mellora das condicións de seguranza do país e o progresivo retorno dos investimentos teñen axudado a dinamizar a economía, especialmente nos sectores de enerxía, construción civil e comercio. Un crecemento económico máis duradeiro, unha saúde fiscal de longo prazo e unha mellora xeral do padrón de vida dependerán da aprobación, polo goberno central, de importantes políticas de reformas.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 CIA. "The World Factbook". [Ligazón morta]. Accedido o 17 de marzo do 2013
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).