Economía de Honduras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Honduras
Moeda Lempira
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, CAFTA-DR, G-77
Datos estatísticos[1]
PIB 37,67 mil millóns (2012)
Posición do PIB 106ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 3,8% (2012)
PIB per cápita $ 4 600 (2012)
PIB por sector agricultura 12,8%, industria 26,7%, comercio e servizos 60,5% (2012)
Inflación 5,1% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 3.440.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 39,2%, industria 20,9%, comercio e servizos 39,8% (2005)
Desemprego 4,5% (2012)
Industrias azucre, café, roupas de tecido e punto, produtos de madeira, cigarróns
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 6 946 millóns (2012)
Produtos de exportación roupas, café, camarón, cables para vehículos, produtos de tabaco, bananas, ouro, aceite de palma, froitas, lagosta, madeira aserrada
Principais mercados Estados Unidos 33,1%, Alemaña 10,9%, O Salvador 7,3%, Bélxica 6,5%, Guatemala 6,2% (2011)
Importacións 10 660 millóns (2012)
Principais produtos importados máquinas e material de transporte, materias primas industriais, produtos químicos, combustibles, produtos alimentícios
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 4 884 millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Centro de San Pedro Sula, a segunda cidade hondureña en poboación.

Honduras, o segundo país máis pobre da América Central e un dos máis pobres do Occidente, sofre cunha distribución de renda moi desigual e con elevado desemprego.[1] Historicamente depende do cultivo de banana e café, nos últimos anos as súas exportacións diversificáronse e inclúen roupas e cables eléctricos para automóbiles.[1] Metade da economía do país depende dos Estados Unidos, sendo 30% do PIB orixinario das exportacións, e 20% do envío de diñeiro por hondureños residentes naquel país.[1]

Malia os altos niveis de desemprego e inflación a economía hondureña demostrou un crecemento sostido anual dun 5%. Coa firma do Tratado de Libre Comercio entre os Estados Unidos de América, Centro América e a República Dominicana (CAFTA), e máis recentemente o Canadá, espérase moito máis investimento estranxeira e maior crecemento económico.[3]

Os principais produtos de exportación hondureños son o café, téxtiles, camaróns, bananas, aceite de palma africana, ouro, froitas e madeira. O goberno leva a cabo proxectos para promover e expandir o sector industrial, diversificar a agricultura, mellorar os medios de transporte e desenvolver proxectos hidroeléctricos.[4] Na década pasada, Honduras converteuse no terceiro maior exportador de téxtiles aos Estados Unidos logo da República Popular da China e México. Un gran porcentaxe das exportacións hondureñas son dirixidas aos Estados Unidos, o cal é o seu principal socio comercial.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2020. Consultado o 22 de febreiro de 2008. . Consultado o 20 de abril de 2013
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 
  3. 3,0 3,1 Honduran American Chamber of Commerce, ed. (19 de agosto de 2011). "Honduras". Consultado o 19 de agosto de 2011. 
  4. encarta.msn, ed. (1997-2008). "Honduras". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2009. Consultado o 18 de agosto de 2011.