Economía de Eritrea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Eritrea
Moeda Nakfa
Organizacións comerciais de que fai parte FMI
Datos estatísticos[1]
PIB 3 625 millóns (2010)
Posición do PIB 169ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 2,2% (2010)
PIB per cápita $ 600 (2010)
PIB por sector agricultura 11,8%, industria 20,4%, comercio e servizos 67,7% (2010)
Inflación 20% (2010)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 1.935.000 (2007)
Forza de traballo por sector agricultura 80%, industria, comercio e servizos 20% (2004)
Desemprego dato non dispoñíbel
Industrias procesamento de alimentos, bebidas, roupas e téxtiles, manufacturas lixeiras, sal, cemento
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 25 millóns (2010)
Produtos de exportación animais vivos, sorgo, téxtiles, alimentos, manufacturados lixeiros
Principais mercados India 25,3%, Italia 20,7%, Sudán 14,1%, República Popular da China 12,9%, Francia 5,5%, Arabia Saudita 5,4% (2008)
Importacións 738 millóns (2010)
Principais produtos importados máquinas, derivados de petróleo, alimentos, produtos industrializados
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 961,9 millóns (2008)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Tras a súa independencia de Etiopía en 1993, Eritrea enfrontou os problemas dunha economía pequena e moi pobre, agravados pola implementación recente de políticas restritivas recentes.[1] Como outras nacións africanas, gran parte da súa poboación - o 80% - vive da agricultura de subsistencia,[1] (cereais, patacas, garavanzos), a gandaría (ovellas, cabras, camelos), agravada polas sucesivas guerras con Etiopía. Tras a ofensiva de 2000, Eritrea tivo perdas por valor superior aos 825 millóns de dólares, con graves danos no sector agrícola, mantendo un crecemento negativo da súa economía durante tres anos.

Massaua e Assab son dous importantes portos pesqueiros.

Tras o conflito, as actuacións públicas han conseguido melloras importantes en portos, aeroportos e comunicacións por estrada, aínda que se está moi lonxe de conseguir o descenso significativo da taxa de desemprego e estabilizar a economía para que sexa apetecible aos investimentos estranxeiros.

O déficit alimentario causado polas guerras e as catástrofes naturais cóbrese con axudas internacionais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 The World Factbook. Consultado o 9 de xuño de 2011
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).