Economía de Costa do Marfil
Economía de Costa do Marfil | |
---|---|
Moeda | Franco CFA da África Occidental |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana, ECOWAS |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 36,07 mil millóns (2011) |
Posición do PIB | 104ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | -4,7% (2011) |
PIB per cápita | $ 1.600 (2011) |
PIB por sector | agricultura 30%, industria 21%, comercio e servizos 49% (2011) |
Inflación | 5,1% (2011) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 8764000 (2011) |
Forza de traballo por sector | agricultura 68%, industria, comercio e servizos 32% (2007) |
Desemprego | dato non dispoñíbel |
Industrias | alimentos, bebidas, produtos de madeira, refino de petróleo, minería de ouro, montaxe de ómnibus e camións, téxtiles, fertilizantes, materiais de construción, electricidade |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 11,4 mil millóns (2011) |
Produtos de exportación | cacao, café, madeira bruta, petróleo, algodón, banana, piña, aceite de palma, peixe |
Principais mercados | Países Baixos 11,3%, Estados Unidos 11,2%, Alemaña 7,2%, Nixeria 5,9%, Canadá 5,8%, Francia 5,8%, Suráfrica 5,3% (2011) |
Importacións | 7 911 millóns (2011) |
Principais produtos importados | combustibles, bens de capital, alimentos |
Principais mercados | Nixeria 35,1%, Francia 10%%, República Popular da China 5,6%, Colombia 4,8% (2011) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 8 539 millóns (2011) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
A economía de Costa do Marfil é unha economía de mercado moi dependente da agricultura e actividades relacionadas, responsables polo 68% dos empregos.[1] Costa do Marfil é o principal produtor e exportador de cacao e tamén importante produtor de café e aceite de palma.[1] Por esta razón, a economía é moi dependente dos prezos internacionais destes produtos e de factores climáticos. Cacao, petróleo, café e tamén o ouro son os principais produtos de exportación.[1]
Despois do final da guerra civil o 2003, a inestabilidade política continuou a afectar a economía, resultando a caída o investimento estranxeiro e do crecemento económico. O PIB creceu arriba dos 2% o 2008 e aproximadamente 4% entre 2009 e 2010.[1] A renda per capita caeu 15% desde 1999 pero sufriu mellora entre 2009 e 2010.[1]
Dende o 2006 o petróleo e o gas natural tornáronse máis importantes na súa pauta de exportacións que o cacao. De acordo co Fondo Monetario Internacional as receitas co petróleo e os seus derivados superaron os 1,3 mil millóns de dólares o 2006.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2020. Consultado o 22 de decembro de 2012.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).