Saltar ao contido

Economía da República Democrática do Congo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía da República Democrática do Congo
Moeda Franco congolés
Organizacións comerciais de que fai parte Unión Africana, OMC, SADC
Datos estatísticos[1]
PIB 27,53 mil millóns (2012)
Posición do PIB 115ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 7,1%% (2012)
PIB per cápita 400 (2012)
PIB por sector agricultura 38.4%, industria 25.9%, servizos 35.7% (2012)
Inflación 16.7% (2007)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 35,92 millóns (2012)
Forza de traballo por sector N/A
Desemprego N/A% (2012)
Industrias minería (diamantes, ouro, cobre, cobalto, coltan, zinc), procesamento de minerais, bens de consumo (inclúise téxtiles, calzados, cigarros, alimentos industrializados e bebidas, cemento, reparos de barcos comerciais
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 11 280 millóns (2012)
Produtos de exportación diamantes, ouro, cobre, cobalto, produtos de madeira, petróleo cru, café
Principais mercados China 47.3%, Bélxica 15.4%, Finlandia 9.6%, Estados Unidos 8.1%, Zambia 4.4% (2008)
Importacións 9 237 millóns (2012)
Principais produtos importados alimentos, equipamentos de minería e outras máquinas, equipamentos de transporte, combustibles
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 7 644 millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Kinshasa, capital da República Democrática do Congo.

A economía da República Democrática do Congo - nación dotada de vastos recursos naturais - segue en lenta recuperación logo de anos de decadencia. A corrupción sistémica desde a independencia o 1960, combinada cunha inestabilidade diseminada e un conflito iniciado nos anos 1990 que resultou en máis de 5 millóns de mortos[1] produciron unha dramática redución da produción nacional e dos ingresos do goberno, e ampliaron a débeda externa.[1]. Pouco poboada en relación ao seu territorio, a República Democrática do Congo é fogar dun vasta fonte de recursos naturais e abundancia mineiral.

Agricultura

[editar | editar a fonte]
Muller transportando bananas.

A agricultura é o apoio principal da economía, reunindo o 57,9% do PIB en 1997. Café, aceite de palma, caucho, algodón, azucre, e cacao son algunhas das principais colleitas. As colleitas de alimentos inclúen mandioca, banana, millo, maní e arroz. En 1996, a agricultura empregaba ao 66% da forza laboral.A gran maioría da poboación da rexión dedícase a actividades agrícolas de subsistencia. Dado o limitado desenvolvemento do mercado de traballo en canto a especialización de man de obra, as estatísticas sobre actividades económicas da poboación provén información tamén limitada. Con todo, da análise destes datos pódese chegar a algunhas conclusións en canto á dispoñibilidade de recursos humanos para os proxectos de desenvolvemento económico a ser emprendidos.

Rica en mineirales, a República do Congo ten unha historia complicada coa minería, que ocasionou moitos confrontos dentro do país por varias décadas, pero particularmente nos noventa.

A industria, especialmente a de explotación mineira, é unha gran fonte potencial de abundancia para o Congo. En 1997, a industria contaba co 16,9% do PIB. O Congo é o cuarto país de maior produción de diamantes desde os oitenta, e os diamantes continúan dominando as exportacións, sumando 717 millóns de dólares e o 52% das exportacións en 1997. Os intereses principais de cobre e cobalto son dominados pola compañía mineira estatal Gecamines. A produción da Gécamines cambaleou en anos recentes, en parte pola forte competitividade no mercado mundial do cobre.

  1. 1,0 1,1 1,2 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2020. Consultado o 22 de marzo de 2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).