Economía da República Centroafricana
Economía da República Centroafricana | |
---|---|
Moeda | Franco CFA da África Central |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Unión Africana |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 3 468 millóns (2010) |
Posición do PIB | 170ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 3,7% (2010) |
PIB per cápita | $ 700 (2010) |
PIB por sector | agricultura 55%, industria 20%, comercio e servizos
25% (2001) |
Inflación | 0,9% (2010) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 1 296 000 (2007) |
Forza de traballo por sector | dato non dispoñíbel |
Desemprego | 8% (2001) |
Industrias | minería de ouro e diamante, extracción de madeira, gandería, téxtiles, calzados, montaxe de bicicletas e motocicletas |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 146,7 millóns (2007) |
Produtos de exportación | diamantes, madeira, algodón, café, tabaco |
Principais mercados | Bélxica 32,57%, República Popular da China 10,49%, Indonesia 10,36%, Marrocos 10,24%, República Democrática do Congo 6,87%, Francia 5,79% (2009) |
Importacións | 237,3 millóns (2010) |
Principais produtos importados | alimentos, téxtiles, derivados de petróleo, máquinas, equipamentos eléctricos, vehículos a motor, produtos químicos, medicamentos |
Principais mercados | Corea do Sur 19,29%, Francia 11,95%, Estados Unidos 7,78%, Camerún 7,39%, Países Baixos 6,77% (2009) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 1 153 millóns (2007) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
A República Centroafricana é un dos países menos desenvolvidos do mundo cun PIB per cápita de 700 dólares anuais[1], deficientes comunicacións e un sistema educativo e de formación case inexistente. A maior parte da poboación dedícase á agricultura de subsistencia e a extracción de produtos forestais. A agricultura é responsábel por máis da metade do produto interior bruto[1]. Para o propio consumo cultívase millo, iñame, mandioca e banana. Para exportación cultiva-se café, algodón e tabaco.
O sector madeireiro, cunha explotación de recursos sen control, constitúe unha parte substancial das exportacións. A extracción mineral, a excepción dos diamantes, ouro e uranio, está inexplorada.
A industria depende do sector mineiro e pequenas empresas; e o sector de servizos é, sobre todo, público. Os recursos enerxéticos propios son escasos e o país depende do exterior, con excepción dalgunhas centrais hidroeléctricas. O petróleo é importado do Camerún.
Os principais factores que dificultan o desenvolvemento do país son súa posición central no continente, sen saída para o litoral, un sistema de transportes deficiente, unha man de obra pouco cualificada, e o legado da falta dunha planificación macroeconómico. A loita entre o goberno e faccións rebeldes é outro complicador para a recuperación económica[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 The World Factbook.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).