Economía da Arxentina
Economía de Arxentina | |
---|---|
Moeda | peso arxentino |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Mercosur, UNASUR |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 755,3 mil millóns (2012) |
Posición do PIB | 23ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 1,9% (2012) |
PIB per cápita | 18 400 (2012) |
PIB por sector | agricultura 10,3%, industria 30,6%, comercio e servizos 59,1% (2012) |
Inflación | 25% (2012) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 17.070.000 (2012) |
Forza de traballo por sector | agricultura 5%, industria 23%, comercio e servizos 72% (2009) |
Desemprego | 7,2% (2012) |
Industrias | procesamento de alimentos, vehículos a motor, bens de consumo durables, téxtiles, produtos químicos e petroquímicos, impresión, metalurxia, aceiro |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 85,36 mil millóns (2012) |
Produtos de exportación | soia e derivados, petróleo e gás, vehículos, millo, trigo |
Principais mercados | Brasil 21.8%, República Popular da China 7.4%, Chile 5.6%, Estados Unidos 5.5% (2011) |
Importacións | 67,33 mil millóns (2012) |
Principais produtos importados | máquinas, vehículos a motor, petróleo e gas natural, produtos químicos orgánicos, plásticos |
Principais mercados | Brasil 33,2%, Estados Unidos 14,4%, República Popular da China 12,4%, Alemaña 4,7% (2011) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 141,1 mil millóns (2012) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
A economía da Arxentina benefíciase de enormes recursos naturais, unha poboación bastante alfabetizada, un sector orientado á exportación agrícola e unha base industrial diversificada. Con todo, os seus resultados económicos foron moi desiguais ao longo da historia. A principios do século XX era un dos países con mellores perspectivas do mundo, pero ao longo dos anos atravesou diversas adversidades e crises que influíron negativamente na economía do país. Na actualidade, a República Arxentina é considerada como unha das principais economías emerxentes e unha das economías de maior crecemento económico do mundo.[3] Á súa vez, pola súa dimensión económica, forma parte do G-20 (grupo dos 20 países industrializados e emerxentes).
A chatura pampeana é apta para o cultivo de cereais e oleaxinosas, así como tamén para a gandería. A Patagonia é rica en hidrocarburos (gas e petróleo), como así tamén a plataforma continental arxentina, base do mar arxentino, rico en especies como pescada, salmón etc.
Na precordilleira atópanse xacementos minerais de distinta variedade, como uranio, prata etc.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2007. Consultado o 23 de xuño de 2013.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2013. Consultado o 23 de xuño de 2013.