Eclipse solar do 15 de xaneiro de 2010

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eclipse solar do 15 de xaneiro de 2010.

O 15 de xaneiro de 2010 produciuse unha eclipse solar anular cunha magnitude 0,9190 e foi visto nas Maldivas e en África, pasando pola India e a China.

Visibilidade[editar | editar a fonte]

O venres 15 de xaneiro de 2010 unha eclipse anular de sol foi visible desde dentro dunha pista de 300 km de largo que percorre a metade da Terra.

O camiño da sombra da Lúa comezou en África e pasou a través do Chad, a República Centroafricana, a República Democrática do Congo, Uganda, Kenya e Somalia.

Despois de saír de África, o camiño cruzou o Océano Índico, onde a duración máxima de anularidade chegou a 11 min 08 s. A ruta continuou en Asia a través de Bangladesh, India, Birmania e a China. Viuse unha eclipse parcial no leste de Europa, na maior parte de África, en Asia e en Indonesia.[1]

Unha eclipse solar anular ocorre cando a Lúa se encontra cerca do apoxeo e o seu diámetro angular é menor que o solar, de maneira que na fase máxima permanece visible un anel do disco do Sol. Isto ocorre na banda de anularidade; fóra dela a eclipse é parcial.

Para que se produza unha eclipse solar a Lúa ha de estar en ou próxima a un dos seus nodos, e ter a mesma lonxitude celeste que o Sol.

Cada ano suceden sen falta dúas eclipses de Sol, preto dos nodos da órbita lunar, se ben poden darse catro ou incluso cinco eclipses.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""NASA"". 14 de xaneiro de 2010.  NASA son as siglas, en inglés, para a Administración Nacional da Aeronáutica e do Espazo (National Aeronautics and Space Administration) dos Estados Unidos, que é a axencia gobernamental responsable dos programas espaciais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]