Eanmund (Beowulf)
Biografía | |
---|---|
Morte | Uppland, Suecia |
Familia | |
Familia | Casa de Yngling |
Pai | Ohthere |
Irmáns | Eadgils |
Eanmund foi un caudillo viquingo, príncipe dos suións (suecos) da dinastía dos Ynglings na Era de Vendel (século VI). A diferenza dos seus parentes do clan familiar, só aparece mencionado no poema épico Beowulf. Eanmund era fillo do rei Ohthere e irmán de Eadgils, de Svealand, Suecia[1].
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome procede do protonórdico *Aiwamunduz (nórdico antigo oriental Ēmund) ou Āmunduz (Āmund).
Vida
[editar | editar a fonte]Á morte de Ohthere, o seu irmán máis novo Onela usurpa a coroa sueca, polo que Eanmund e Eadgils escapan e buscan refuxio entre os gautas. Isto provoca que Onela ataque Götaland pois tamén existía unha débeda de sangue (Hygelac, o pai do rei Heardred matara a Ongentheow, pai de Onela). No campo de batalla, Eanmund e Heardred morren loitando contra o campión Weohstan. Eadgils, sobrevive e busca a axuda de Beowulf para vingar a morte do seu irmán e do rei, feito que tamén aparece noutras fontes escandinavas.
No relato, Weohstan tomou a espada do defunto Eanmund e cedeuna en herdanza ao seu fillo Wiglaf quen a usaría para loitar contra o dragón xunto a Beowulf.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (suna Ohteres) Beowulf verso 2613.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Nerman, B. Det svenska rikets uppkomst. Stockholm, 1925.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Beowulf Old English edition ed. James Albert Harrison e Robert Sharp
- Beowulf Modern English translation por Francis Barton Gummere
- Beowulf Modern English translation por John Lesslie Hall