E. L. Doctorow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
E. L. Doctorow
E l doctorow 2751.JPG
Nacemento6 de xaneiro de 1931
Lugar de nacementoNova York
Falecemento21 de xullo de 2015
Lugar de falecementoManhattan
Causacancro de pulmón
SoterradoCemiterio de Woodlawn
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónxudaísmo
Alma máterKenyon College, The Bronx High School of Science e Universidade de Columbia
Ocupaciónnovelista, escritor, guionista, profesor universitario, dramaturgo, ensaísta, catedrático, autor e faculty member
Coñecido porThe Book of Daniel, Ragtime, Billy Bathgate, The March e Homer & Langley
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Medalha Nacional de Humanidades, National Book Award for Fiction, Prémio PEN/Faulkner de Ficção, Helmerich Award, Common Wealth Award of Distinguished Service, Prémio PEN/Faulkner de Ficção, St. Louis Literary Award, honorary doctor of the Hofstra University, William Dean Howells Medal of the American Academy of Arts and Letters e National Book Critics Circle Award for Fiction
Na rede
http://www.eldoctorow.com/
IMDB: nm0230039 Allocine: 57646 Allmovie: p167241 IBDB: 69343
Musicbrainz: 4284b47b-cdb4-49f4-8e9f-a5177e1e45e7 WikiTree: Doctorow-1 Find a Grave: 149611017 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Edgar Lawrence Doctorow, nado en Nova York o 6 de xaneiro de 1931 e finado en Manhattan o 21 de xullo de 2015, foi un novelista estadounidense, un dos máis recoñecidos no xénero da novela histórica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doctorow criouse no Bronx, Nova York. Fillo de xudeus rusos de segunda xeración, no instituto salientou en artes. Doctorow foi un lector voraz e continuou a súa educación no Kenyon College onde estudou con John Crowe Ransom. Despois de se graduar en 1952, continuou na Universidade de Columbia antes de se incorporar ao exército con destino en Alemaña. Comezou a traballar como lector en Columbia Pictures, deixándoo para se converter en editor da New American Library (1959-1964) e traballou como editor xefe de Dial Press desde 1964 ata 1969. Deu clases en varias universidades norteamericanas, a Universidade de California, Yale, Princeton e na Universidade de Nova York

A pesar de escribir libros durante anos, non foi ata a publicación de The Book of Daniel en 1971 que conseguiu recoñecemento. O seu seguinte libro, Ragtime, foi un éxito comercial e de crítica.

Obras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arana-Ward, Marie. (17 de abril, 1994). "E. L. Doctorow". The Washington Post, p. X6.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]