E. Jean
(2006) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de decembro de 1943 Detroit, Estados Unidos de América |
| Educación | Universidade de Indiana |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, escritora de non ficción, columnista |
| Empregador | Elle (–2019) |
| Membro de | |
| Familia | |
| Cónxuxe | John Johnson (–1990), divorcio |
| Sitio web | ejeancarroll.com |
Elizabeth Jean Carroll, máis coñecida como E. Jean, nada o 12 de decembro de 1943 en Detroit, Míchigan, é unha xornalista e autora estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É coñecida pola súa columna "Ask E. Jean" que apareceu na revista Elle desde 1993 até 2019.[1]
En xuño de 2019, Carroll acusou a Les Moonves e Donald Trump de agresión sexual, supostamente producida a mediados dos anos 90. Tanto Moonves como Trump negaron as acusacións.[2][3][4] Posteriormente, Carroll demandou a Trump por difamación e agresión, nun caso xudicial contra el que chamou a atención dos medios de comunicación de masas. O 9 de maio de 2023, un xurado concedéulle 5 millóns de dólares estadounidenses, considerando a Trump culpable de difamación e abuso sexual contra ela.[5] Un novo xurado estimou que as calumnias de Trump, expresadas de forma pública tras as acusacións iniciais, foron extremadamente graves e deliberadas. Isto deu lugar a unha sentenza moito máis elevada: 83,3 millóns de dólares, que incluían unha combinación de danos compensatorios e danos punitivos. En setembro de 2025, o Tribunal de Apelacións do 2º Distrito de Estados Unidos confirmou o veredicto que obriga a Donald Trump a pagar 83,3 millóns de dólares a E. Jean Carroll por difamación, derivada de comentarios feitos en 2019 en que negaba as acusacións de agresión sexual. Os xuíces rexeitaron a alegación de inmunidade presidencial e ratificaron que as indemnizacións ditadas polo xurado eran razoables á luz dos feitos do caso.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "ChicagoTrib_Reason" (en inglés).
- ↑ Baker, Peter; Vigdor, Neil (24 de xuño de 2019). "'Ela non é o meu tipo': Acusado novamente de agresión sexual, Trump recorre a un insulto antigo". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 25 de xuño de 2019.
- ↑ "Trump Denies Carroll Allegations: ‘She’s Not My Type’". TPM – Talking Points Memo (en inglés). 2019-06-24. Consultado o 2025-01-02.
- ↑ Comments, Share on Facebook Share on TwitterView. "Trump, accused again of sexual misconduct, insults woman who said he assaulted her - The Boston Globe". BostonGlobe.com (en inglés). Consultado o 2025-01-02.
- ↑ Hymes, Clare; Kates, Graham; Stevens, Nia (2023-05-09). "Trump liable in E. Jean Carroll case for sexual abuse, defamation - CBS News". www.cbsnews.com (en inglés). Consultado o 2025-01-02.
- ↑ Stempel, Jonathan; Cohen, Luc; Cohen, Luc (2025-09-08). "Trump fails to overturn E. Jean Carroll's $83 million verdict". Reuters (en inglés). Consultado o 2025-09-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: E. Jean |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |