Eóganacht Locha Léin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eóganacht Locha Léin ou Ui Caipre Luachra foron unha póla da dinastía Eóganachta de Munster. O seu territorio estaba en Iarmuman ou Munster occidental. Luachair (Lúachra) é o nome antigo dun gran distrito nos límites de Cork, Kerry e Limerick. Cairbre de Sliobh Luachra estaba no límite de Cork-Kerry; Éoganacht Locha Lein está arredor dos lagos de Killarney.[1]

O devandeiro desta póla foi Coirpre Luachra mac Cuirc, fillo de Corc mac Luigthig (ou Conall Corc mac Lugdach, o fundador de Cashel) con Mungfionn, filla de Feredach, rei dos pictos. Caipre Luachra foi a sexta xeración descendente de Éogan Mór, devanceiro dos Eoganachta. Caibre marchou cara o oeste por Luachair Deadhaid (Slieveloughra) para fundar as terras da súa dinastía.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Book of Munster