Día dos Avós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha avoa e a súa neta preparando biscoitos.

O Día dos Avós é un día conmemorativo dedicado aos avós das familias, que complementa o Día do Pai e o Día da Nai. A xornada celébrase en diferentes países con diversidade de denominación, motivación e data. En moitos países de Latinoamérica e de Europa o día escollido é o 26 de xullo,[1] por ser o día en que a liturxia católica conmemora a San Xaquín e Santa Ana, pais de María, a nai de Xesús e, polo tanto, avós de Xesús. A historia dos avós de Xesús básease no Protoevanxeo de Santiago, segundo o cal Santa Ana naceu en Belén e os seus pais eran Matan e Emerenciana, mentres que a familia de Xosé descendía do rei David e de Leví.[2]

ONU promove a celebración internacional dun día que nos recorde as persoas maiores, o Día Internacional das Persoas Maiores, o 1 de outubro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O Día dos avós 2018, 'doodle' de Google". Consultado o 26 de xullo de 2018. 
  2. "El dia dels avis de Jesús i de tothom". elperiodico.cat. Consultado o 26 de xullo de 2018.