Dungeons & Dragons (serie de televisión)
Cadeas e dragóns | |
---|---|
Formato | Acción, Aventuras e Fantasía |
Creado por | Kevin Paul Coates Dennis Marks Takashi |
Desenvolvido por | Bob Richardson (temporada 1) Karl Geurs (temporadas 2–3) |
Dirixido por | Bob Richardson (temporada 1) Karl Geurs (temporadas 2–3) |
Intérpretes | Voces Willie Aames Don Most Katie Leigh Adam Rich Tonia Gayle Smith Teddy Field III Sidney Miller Peter Cullen Frank Welker Bob Holt |
País de orixe | ![]() |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 3 |
Episodios | 27+1 sen producir |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
David H. DePatie (temporada 1) Lee Gunther (temporadas 1–3) Margaret Loesch (temporadas 2–3) |
Duración | 24 minutos |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | CBS |
Primeira emisión | 17 de setembro de 1983 |
Derradeira emisión | 7 de decembro de 1985 |
Ligazóns externas | |
Ficha na IMDb |
Cadeas e dragóns (Dungeons & Dragons) é unha serie estadounidense de animación baseada no xogo de rol homónimo. É unha coprodución de Marvel Productions e TSR, e orixinalmente a serie emitiuse a través da CBS dende 1983 a 1985 en tres temporadas, cun total de 27 episodios. A compañía xaponesa Toei Animation realizou a animación da serie.
A historia céntrase nun grupo de seis amigos que son transportados a un mundo de fantasía e as súas aventuras para atopar o xeito de volver a casa. Para iso, contan coa axuda do seu guía o "Dungeon Master". Un episodio final que non foi producido debía servir ou ben para rematar a trama ou para redirixir a serie nunha cuarta temporada. Porén, a serie foi cancelada antes de que o episodio fose realizado. O guión dese episodio pode atoparse en diversas fontes na rede e foi usado nun audio drama que aparece na edición especial en DVD da serie.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|