Dulce Maria Cardoso
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 ![]() Fonte Longa, Portugal ![]() |
Educación | Universidade de Lisboa ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura e dereito ![]() |
Ocupación | escritora, xurista ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() |
Dulce Maria Cardoso, nada en Tras os Montes en 1964, é unha escritora portuguesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Fonte Longa, Carrazeda de Ansiães,[1] unha localidade ao noroeste de Portugal, aínda que pasou a súa infancia en Luanda, Angola. En 1975, cando tiña 11 anos, a súa familia volveu a Portugal xunto con medio millón de retornados que volvían logo da independencia das colonias portuguesas. A súa familia quedou en Lisboa e ela foise a vivir cos seus avós a unha pequena aldea preto de Mirandela.[2]
Graduouse na Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa e traballou como avogada antes de adicarse á escrita de maneira exclusiva.[3] Escribiu novelas e contos. A súa primeira novela, Campo de Sangue (2002), foi escrita por unha bolsa de creación literaria do Ministerio de Cultura portugués e obtivo o Premio Acontece.[4] A súa segunda novela, Os meus Sentimentos (2005) foi distinguida co Premio de Literatura da Unión Europea. A súa terceira novela, O Chão dos Pardais (2009), gañou o Premio Ciranda. A súa cuarta novela, O Retorno (2011),[5] recibiu o Premio especial da crítica en Portugal. Por esta obra o Estado francés outorgoulle a condecoración de cabaleiro da Orde das Artes e as Letras (2012).[6] Ademais, a súa tradución ao inglés en 2016 recibiu o premio English PEN Translates.
A antoloxía Tudo são histórias de amor (2013) reúne gran parte dos seus contos. Algúns deses textos forman parte tamén de antoloxías estranxeiras e o conto Anjos por dentro foi elixido para a antoloxía Best European Fiction 2012, publicada pola prestixiosa Dalkey Archive Press.[7]
En 2014 publicou o volume de historias infantís e xuvenís Lôá, a menina-Deus. En 2017 publicou Rosas, e en 2019, Eliete, unha reflexión sobre a memoria e as novas maneiras e usos da comunicación.[8]
En 2020 publicou La vida normal na que conta, a través da vida de tres mulleres de tres xeracións diferentes dunha mesma familia, como se transformaron coa mudanza de século as relacións sociais, sentimentais e familiares.[9]
Os seus libros foron traducidos a varias linguas e publicados en máis de vinte países. A súa obra é estudada en universidades de varios países e foi adaptada ao cinema e ao teatro.
Obras
[editar | editar a fonte]- Campo de Sangue; novela da Ed. Asa 2002
- Os meus Sentimentos; novela da Ed. Asa 2005[10]
- Até Nós; contos; Ed. Asa 2008
- O Chão dos Pardais; novela da Ed. Asa 2009[11]
- O Retorno; novela da Ed. Tinta da China 2011
- A Bíblia de Lôá (infanto-xuvenil), Ed. Tinta da China, 2014 - Divídese en 2 volumes: Lôá e a véspera do primeiro dia e Lôá perdida no paraíso
- Tudo são histórias de amor (contos), Ed. Tinta da China, 2014
- Eliete - A Vida Normal, Ed. Tinta da China, 2018
- Autobiografia Não Autorizada, Ed, Tinta da China, 2021
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cópia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 2016-09-17. Consultado o 2015-01-28.
- ↑ Sevilla, Diario de (1 de xuño de 2019). "Dulce María Cardoso: "Tuve que inventarme otro yo con 11 años y eso me hizo escritora"". Diario de Sevilla (en castelán). Consultado o 13 de abril de 2020.
- ↑ "Dulce María Cardoso | Ed. La Umbría y La Solana". La Umbría y la Solana (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2020.
- ↑ "Adriana Hidalgo Editora". adrianahidalgoeditora.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2018. Consultado o 12 de abril de 2020.
- ↑ Barrio, Javier Martín del (27 de xaneiro de 2019). "“No me interesa la desgracia por la desgracia”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 12 de abril de 2020.
- ↑ Sevilla, Diario de (2019-03-19). "Una inmersión en las letras portuguesas". Diario de Sevilla (en castelán). Consultado o 2021-04-30.
- ↑ "Dulce Maria Cardoso | Planeta de Libros". PlanetadeLibros (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2020.
- ↑ Patandi (1 de xuño de 2019). "Dulce María Cardoso: "'Eliete' es una radiografía de la familia en estos tiempos"". Gatrópolis (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2020.
- ↑ ricardomartinezllorca (8 de abril de 2020). "La vida normal". Culturamas (en castelán). Consultado o 13 de abril de 2020.
- ↑ "Os Meus Sentimentos - Dulce Maria Cardoso - Ficção - TFM". www.tfmonline.de. Consultado o 2022-03-22.
- ↑ "Cópia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 2014-12-16. Consultado o 2014-12-16.