Ducado de Puglia e Calabria

O Ducado de Puglia e Calabria foi un señorío normando establecido en 1059 co recoñecemento oficial, por parte do papa Nicolao II, do título ducal a Roberto Guiscardo de Hautrville.
A súa capital estivo orixinariamente en Melfi pero, a partir de 1077, pasou a Salerno.[1]
En realidade, xa con anterioridade, en 1043, Guaimario V, príncipe de Salerno, fora aclamado duque de Puglia e Calabria, aínda que a lexitimidade deste título (ao non ser recoñecida oficialmente por ningún poder universal) podería considerarse xuridicamente dubidosa; de feito, en 1047, o emperador Henrique III interveu para reclamar o título ducal para si mesmo.[2]
O ducado comprendía unha gran parte do sur continental italiano, estendéndose polos territorios das rexións actuais de Puglia, Basilicata, Calabria, o lado adriático da Molise e as franxas orientais e meridionais da Campania.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Giuseppe Campanelli, Michele Carducci, Vincenzo Tondi Della Mura e Isabella Loiodice (2016): Lineamenti di diritto costituzionale della regione Puglia, Volume 10. Giappichelli Editore. ISBN 978-88-3484-791-6, p. 8.
- ↑ Guaimario V, principe di Salerno, en Enciclopedia Treccani.
- ↑ I Guaimario: una dinastia tra due imperi.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Franco Cardini e Marina Montesano (2006): Storia medievale. Firenze: Le Monnier. Col. Università/Storia. ISBN 88-00-20474-0.
- Norwich, John Julius (1967): The Normans in the South 1016-1130. Longmans: Londres.
- Tommaso Indelli (2015): Il tramonto della Langobardia minor. Longobardi, Saraceni e Normanni nel Mezzogiorno (X-XI sec.). Angri, Salerno: Editrice Gaia. ISBN 88-5525-014-0.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |