Ducado de Pomerania
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado histórico | Sacro Imperio Romano Xermánico ![]() | |||
Capital | Szczecin ![]() | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | Lingua baixo alemá ![]() | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 1121 ![]() | |||
Disolución | 1637 ![]() | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía ![]() | |||
O Ducado de Pomerania (en alemán: Herzogtum Pommern; en polaco: Księstwo pomorskie; en latín: Ducatus Pomeraniae) foi un ducado de Pomerania na costa sur do mar Báltico, gobernado por duques da Casa de Pomerania (Grifóns). Existiu na Idade Media entre os anos 1121 - 1160, 1264 - 1295, 1478 - 1531 e 1625 - 1637.
O ducado orixinouse do reino de Wartislaw I, un duque eslavo de Pomerania, e foi estendido polas Terras de Schlawe e Stolp en 1317, o Principado de Rügen en 1325 e a Terra de Lauenburgo e Bütow en 1455. Durante a Alta Idade Media, comprendía tamén as áreas do norte de Neumark e Uckermark, así como Circipania e Mecklemburgo-Strelitz.
O Ducado de Pomerania foi establecido como estado vasalo de Polonia en 1121, que permaneceu ata a fragmentación de Polonia despois da morte do gobernante polaco Boleslao III en 1138. Despois os duques de Pomerania foron independentes, para máis tarde ser vasalos do Ducado de Saxonia de 1164 a 1181, do Sacro Imperio Romano Xermánico de 1181 a 1185, de Dinamarca de 1185 a 1227 e, finalmente, a partir de 1227, permanecendo no Sacro Imperio Romano Xermánico (incluíndo períodos de vasalaxe aos margraves de Brandeburgo).
Na maioría das veces, o ducado estaba gobernado por varios duques Grifón en común, o que resultou en varias particións internas. Despois de que o último duque Grifón morrera durante a Guerra dos Trinta Anos en 1637, o ducado foi dividido entre Brandeburgo-Prusia e Suecia. Os reis de Suecia e os margraves de Brandeburgo, máis tarde reis de Prusia, convertéronse en membros como duques de Pomerania na lista de participantes do Reichstag.
![]() |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |