Ducado de Pavía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Ducado de Pavía foi un ducado longobardo cuxo territorio comprendía o Pavese e a capital Pavía, ao mesmo tempo capital do reino longobardo ata o 774, cando foi conquistada polos francos tras un cerco durante nove meses.

Pavía converteuse en longobarda no 572 cando Alboíno dobregou a resistencia entre violencias e devastacións[1], pero non se erixiu en capital inmediatamente: Preferiuse Verona no mesmo ano, e a morte de Alboíno fixo que se reunisen todos os 35 duques longobardos en Pavía para a elección de Cleph como novo rei.

Os ducados, daquela, estaban estreitamente conectados cos comandantes (duces, que guiaban as farae, grupos militares familiares) que se situaban no territorio preferentemente nas vellas cidades fortificadas romanas, é verosímil xa que logo supoñer que o ducado de Pavía nacese mesmo no 572 e tivese como primeiro duque a Zabano, que participara na invasión de Italia con Alboíno.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. G.Galasso, Storia d'Italia, Vol. I, p. 16

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]