Saltar ao contido

Duarte Galbán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDuarte Galbán
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1992 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Rianxo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhumorista, presentador de televisión Editar o valor en Wikidata
EmpregadorTelevisión de Galicia Editar o valor en Wikidata

Sitio webduartegalban.gal Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm12391044 Facebook: duarte.galbanbravo Twitter: DuarteGalban Instagram: duartegalban Editar o valor en Wikidata

Duarte Galbán, nado en Rianxo o 30 de xuño de 1992, é un humorista, creador e presentador galego.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa carreira diante da cámara no ano 2015.

Inicia a súa carreira como produtor e guionista de Lentes de Pallaso, unha webserie en galego que acadou nomeamentos nos premios Mestre Mateo. Participou en curtametraxes como Rural Horror Stories, que tamén produciu. A finais de 2017 participou na campaña de tráfico “Ti decides quen te leva”. Tamén nese ano protagonizou a campaña publicitaria “Vayaburrada”, viaxando da Coruña a Málaga á procura de historias relacionados con burros para que se incluíse unha emoticona coa figura deste animal en WhatsApp. Creou canda a Román Castaño Cousas de Rianxo.

Copresentou canda a Tamara Pérez o concurso da Televisión de Galicia O porquiño polo que vale![3] e foi reporteiro e colaborador en Aquí Galicia Tour, presentado por Lucía Rodríguez.[4]

En 2019 formouse en Madrid, xunto ao presentador Roberto Leal, nun curso de improvisación, e preparou o espectáculo Vello aos vinte e pico!, que contou co cómico David Perdomo nas dúas primeiras datas baixo o nome de “Tempos Modernos”. No verán do 2019 formou parte do equipo de Adiviña quen vén esta tarde, na TVG. Presentou eventos como o Laconnetwork 2019 en Palexco, os Premios TIC Galicia, a Gala Amodiña ou a I Feira da Innovación 2019 no Gaiás, organizada pola USC, Abanca e a Xunta de Galicia.

  1. ↑ Lorenzo, Ana (17 de decembro de 2018). "Duarte Galbán: Un artista a los dos lados de la cámara". La Voz de Galicia (Ribeira).
  2. ↑ Redacción (16 de xullo de 2019). ""O meu soño é seguir facendo contido aquí, en Galicia"". El Correo Gallego (Santiago de Compostela). Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2019. Consultado o 23 de febreiro de 2025.
  3. ↑ Redacción - Agencia Europa Press (10 de setembro de 2018). "La nueva programación de la TVG arranca este lunes con mucha "información en directo" y "ficción con sello gallego"". Galici@Press (Santiago de Compostela).
  4. ↑ Redacción (30 de xuño de 2019). "Diversión y jamones gracias a "O porquiño polo que vale"". La Región (Ourense).