Dražen Petrović

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dražen Petrović
Posición Escolta
Dorsal 44, 3
Altura 1,96 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 91 kg (216 lb)
Nacemento 22 de outubro de 1964
Šibenik, Croacia, Iugoslavia
Morte 7 de xuño de 1993 (28 anos)
Alemaña Dankendorf, Alemaña
Carreira
NBA Draft 1986 / Rolda: 3 / Elección: 60
Por Portland Trail Blazers
Tempadas 19791993
Equipo(s)
BC Šibenka (1979–1984)
KK Cibona (1984–1988)
Real Madrid (1988–1989)
Portland Trail Blazers (1989–1991)
New Jersey Nets (1991–1993)
Estatísticas (NBA)
Puntos     4 461 (15,4 pp)
Asistencias     701 (2,4 pp)
Rebotes     669 (2,3 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
#3 Retirado por New Jersey Nets
  Basketball Hall of Fame como xogador

Dražen Petrović, nado o 22 de outubro de 1964 en Šibenik, Croacia (Iugoslavia) e finado o 7 de xuño de 1993 en Dankendorf, Alemaña, foi un xogador profesional de baloncesto croata. Xogando na posición de escolta, logrou éxito inicialmente logrou xogando en Europa na década de 1980, antes de unirse á NBA estadounidense en 1989. Porén, a súa carreira e a súa vida viuse interrompida por mor dun accidente automobilístico en Alemaña cando tan só tiña vinte e oito anos.

Coñecido como "O xenio de Šibenik", Petrović gañou dúas medallas de prata e unha bronce no baloncesto olímpico, un ouro e un bronce no Campionato Mundial de Baloncesto, unha de ouro e un bronce no Campionato FIBA Europa, gañou catro premios Euroscar, e foi nomeado o Mr. Europa de baloncesto dúas veces. Buscando un espazo máis grande despois da súa estelar carreira europea, Petrović uniuse á National Basketball Association (NBA) en 1989 como membro dos Portland Trail Blazers. Despois de xogar sobre todo dende o banco ese ano, Petrović e finalmente foi traspasado aos New Jersey Nets, converténdose nun dos mellores escoltas da competición. Petrović está consederado como a parte esencial para a chegada masiva actual dos xogadores europeos na NBA. O dorsal número 3 de Petrović foi retirado polos Nets en 1993, e en 2002 foi consagrado a título póstumo entrando no Basketball Hall of Fame.

Biografía[editar | editar a fonte]

Comezou xogando no equipo da súa cidade natal ata que Mirko Novosel levouno ao Cibona Zagreb. Irrompeu como estrela total na tempada 84-85, ao roldar os 40 puntos en moitos partidos da Copa de Europa, marabillando así ao vello continente que non estaba afeito a que un baloncestista anotase tantos puntos con tanta frecuencia. Rematou a súa primeira temporada no Cibona como máximo anotador da liga. Comezou a tempada 85-86 da liga iugoslava anotando 112 puntos no primeiro partido, fronte ao KK Olimpija de Liubliana,[1] e rematou a tempada de novo como máximo anotador, cunha media de 43 puntos por partidos.[2]

Logrou co Cibona tódolos títulos posibles, incluíndo dúas Copas de Europa e unha Recopa, e sendo todos os anos que estivo no club o máximo anotador da liga iugoslava. En 1988 fichou polo Real Madrid. Ese ano conquistou a Copa do Rei e a Recopa de Europa, nunha final inesquecible fronte ao Snaidero Caserta, na que anotou 62 puntos. Ese ano quedoulle a espiña cravada de non poder gañar a liga ante o Barcelona que gañou 3-2 na serie final a 5 partidos, xa que esa mesma tempada fichou na NBA polos Portland Trail Blazers, que o elixiron no posto 60 do Draft de 1986. No equipo de Oregón non gozou da confianza do adestrador e non tivo oportunidade de demostrar o seu talento; foi traspasado aos New Jersey Nets, onde por fin conseguiu demostrar que era un dos maiores talentos da historia do baloncesto. Pero tivo pouco tempo para demostralo, pois morreu o 7 de xuño de 1993, vítima dun accidente de coche mentres conducía a súa noiva. Despois da súa morte, o seu número, o 3, foi retirado dos New Jersey Nets. Petrović foi incluído no Basketball Hall of Fame o ano 2002.

Perfil de xogador[editar | editar a fonte]

O seu xogo caracterizábase por un dominio perfecto da pelota actuando tanto de escolta como de aleiro, e como un bo segundo base cando o primeiro estaba ben marcado na cancha de xogo polo equipo rival. No un contra un era imparable. Tamén era un excelente tirador e pasador e realizaba xogadas antolóxicas e de fantasía. Foi un dos mellores xogadores europeos e quizais o mellor anotador. O seu maior defecto era ser en exceso individualista e faltáballe defender con maior contundencia. Era un xogador fundamentalmente de ataque. Despois de cada partido quedaba el só lanzando triplas durante unha hora.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns exteranas[editar | editar a fonte]

  1. Barthe, Pedro (12 de outubro de 1985). "Babic consigue 144 puntos en un partido de baloncesto y supera el récord del también yugoslayo Drazen Petrovic". El País (en castelán). Consultado o 7 de maio de 2020. 
  2. "Priča o strelcima: Prve i druge violine" (en bosníaco). 3 de xaneiro de 2020. Consultado o 7 de maio de 2020.