Dragon Ball GT: Final Bout

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dragon Ball GT: Final Bout
Desenvolvedor(es)TOSE
Distribuidora(s)Bandai
Atari (reedición de 2004)
Deseñador(es)Jun Hayashibara
Kei Matsurikita
Lanzamento 21 de agosto de 1997[1]
XéneroLoita
Modos de xogoUn xogador e multixogador
Plataforma(s)PlayStation
SerieDragon Ball
Na rede
http://www.bandaigames.channel.or.jp/list/db.htm
editar datos en Wikidata ]

Dragon Ball GT: Final Bout, coñecido en Europa e no Xapón como Dragon Ball: Final Bout (ドラゴンボール ファイナルバウト Doragon Bōru Fainaru Bauto?), é un videoxogo de loita para a PlayStation. O xogo foi desenvolvido por TOSE e distribuído por Bandai no Xapón, Europa e América do Norte en 1997, sendo o primeiro lanzamento en América do Norte dun videoxogo de Dragon Ball.

Malia que o título norteamericano fai referencia á serie anime Dragon Ball GT, a historia do xogo non ten correlación directa con Dragon Ball GT, sendo os personaxes xogables unha mestura de personaxes de Dragon Ball GT e da súa serie predecesora Dragon Ball Z.[2] A serie de anime Dragon Ball GT non foi lanzada en América do Norte até comezos dos anos 2000. As críticas sobre o xogo foron en gran parte negativas.

O xogo foi reeditado en Europa en 2002 (e traducido a outros idiomas) e en América do Norte en 2004. O xogo comparte a distinción de ser o primeiro xogo de Dragon Ball que se renderizou completamente en 3D e o último xogo de Dragon Ball producido para PlayStation. Non habería outro xogo de Dragon Ball para consolas ata o lanzamento de Dragon Ball Z: Budokai en 2002.

Acollida[editar | editar a fonte]

Recepción
Puntuacións agregadas
AgregadorPuntuación
GameRankings46%[3]
Puntuacións
PublicaciónPuntuación
EGM6.875/10[4]
Famitsu21/40[5]
GameSpot3.3/10[6]
IGN3/10[7]
Next Generation1/5 estrelas[8]

No Xapón, o xogo vendeu 245 000 unidades.[9] En América do Norte, debido a que Dragon Ball non era popular na rexión daquela, Bandai America só produciu 10 000 copias do xogo.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. @. "Some Dragon Ball GT Final Bout PS1 scans from the October 1997 V-Jump issue I scanned 🤓 More character intro…" (Chío) – vía Twitter. 
  2. "Dragon Ball GT: Long Overdue: DB Comes to the U.S.". Electronic Gaming Monthly (Ziff Davis) (98): 118. setembro de 1997. 
  3. "Dragon Ball GT: Final Bout". GameRankings. Arquivado dende o orixinal o 7 de novembro de 2017. Consultado o 31 de decembro de 2016. 
  4. "Review Crew: Dragon Ball GT". Electronic Gaming Monthly (Ziff Davis) (101): 202. decembro de 1997. 
  5. "ドラゴンボール ファイナルバウト" [Dragon Ball: Final Bout]. Famitsu (en xaponés). Consultado o 9 de novembro de 2021. 
  6. Gerstmann, Jeff (16 de setembro de 1997). "Dragon Ball GT Review". GameSpot. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2016. Consultado o 23 de abril de 2020. 
  7. Boor, Jay (7 de novembro de 1997). "DragonBall GT Final Bout". IGN. Consultado o 23 de abril de 2020. 
  8. "Finals". Next Generation (Imagine Media) (39): 109–110. marzo de 1998. 
  9. "Dragon Ball Video Game Data". Dragon Ball 30th Anniversary: Super History Book. Shueisha. 2016. p. 216. ISBN 978-4-08-792505-0. 
  10. "Dragonball GT PS1 game costs $7,000". Destructoid (en inglés). 17 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2015. Consultado o 2019-12-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]