Saltar ao contido

Dous días, unha noite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dous días, unha noite
 Título
    Deux jours, une nuit (fr) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Tema principal
 Ambientado en
 Lingua orixinal
 Cor
Implicados
 Director/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Deseñador/a son
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
 Compañía produtora
Datas
 Data de publicación
30 de outubro de 2014 (Alemaña)
23 de outubro de 2014 (Hungría)
20 de maio de 2014
2014 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Participou en
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Duración
   95 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Fontes e ligazóns
ISAN0000-0003-6C41-0000-H-0000-0000-N Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0_yj_67 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
7.3/10 Internet Movie Database (10 de maio de 2026)
89/100 Metacritic (3 de febreiro de 2026)
96% Rotten Tomatoes (19 de xaneiro de 2025)
8.4/10 Rotten Tomatoes (9 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt2737050 Filmaffinity: 261706 Allocine: 219102 Rottentomatoes: m/two_days_one_night Mojo: twodaysonenight Allmovie: v592992 TCM: 2053351 Metacritic: movie/two-days-one-night TV.com: movies/two-days-one-night Netlix: 70297803 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Dous días, unha noite (en francés: Deux jours, une nuit) é un filme de 2014 escrito e dirixido polos irmáns Dardenne. É unha coprodución entre Bélxica, Francia e Italia. Está protagonizado por Marion Cotillard e Fabrizio Rongione. Competiu pola Palma de Ouro na competición principal do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2014.[1] Gañou o premio do Festival de Cinema de Sydney, e foi nomeado ós BAFTA ó mellor filme en lingua non inglesa, ademais de ser nomeado a dous Premios César e nove Premios Magritte, gañando finalmente tres deles. Foi escollido como candidato de Bélxica para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado, aínda que Cotillard recibiu un nomeamento á mellor actriz pola súa interpretación no filme, converténdose no primeiro actor en ser nomeado por un filme belga.[2][3]

Estreouse en galego o 6 de maio de 2025 a través da plataforma AGalega.[4]

En Seraing, unha cidade industrial próxima a Liège, Sandra é unha muller, esposa e nai, que traballa nunha pequena fábrica de paneis solares. Ao padecer unha depresión vese obrigada a pedir unha baixa laboral. Durante a súa ausencia, os seus compañeiros danse de conta de que son capaces de realizar as súas quendas de traballo facendo xornadas lixeiramente máis longa, e a dirección da fábrica ofrécelles unha prima de 1000 euros a cada un se están de acordo con iso, aínda que iso supoña o despedimento de Sandra. Trala alta, esta descobre que o seu posto depende da decisión dos seus dezaseis compañeiros, polo que ten que visitar cada un deles durante unha fin de semana para convencelos de que renuncien á prima salarial que a maioría precisa para manter as súas familias. Sandra ten que librar unha dura batalla para conservar o seu posto de traballo antes da votación definitiva que será luns pola mañá.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Cannes (ed.). "Cannes 2014 Official Selection". Consultado o 17 de abril de 2014.
  2. ↑ Academy of Motion Picture Arts and Sciences (ed.). "Oscar 2015 Nominee List and Ballot" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2015. Consultado o 16 de xaneiro de 2015.
  3. ↑ Belga News Agency, ed. (15 de xaneiro de 2015). "Academy Award nominations for Marion Cotillard and "Song of the Sea"". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2017.
  4. ↑ @DobraxeGalega (ed.). "Dous días, unha noite en Agalega con dobraxe en galego.". Consultado o 17 de agosto de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]