Douglas Nicholls

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Douglas Nicholls
Douglas & Gladys Nicholls statue.JPG
28 Gobernador de Australia Meridional
Período1 de decembro de 197630 de abril de 1977
AntecesorMarcus Oliphant
SucesorKeith Seaman
Datos persoais
Nacemento9 de decembro de 1906
 Misión Cummeragunja, Nova Gales do Sur
Falecemento4 de xuño de 1988
CónxuxeGladys Nicholls
ProfesiónAtleta, pastor e político
editar datos en Wikidata ]

Sir Douglas Ralph "Doug" Nicholls KCVO, OBE (9 de decembro de 1906 - 4 de xuño de 1988[1]) foi un político aborixe australiano do pobo Yorta Yorta. Tamén foi un atleta profesional, pastor relixioso e un pioneiro loitador a prol da reconciliación entre os indíxenas de Australia e o goberno.

Nicholls foi o primeiro aborixe en ser galardoado coa Orde do Imperio Británico e o primeiro tamén en ser gobernador de Australia Meridional, cargo ó que tivo que renunciar por motivos de saúde en 1977.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Howstuffworks "Nicholls, Sir Douglas – Encyclopedia Entry"". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2009. Consultado o 03 de abril de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]