Double Star

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Double Star, tamén coñecido como Tan Ce (TC), foi unha misión espacial conxunta de Europa e China consistente en dous satélites artificiais lanzados para o estudo dos efectos do Sol na contorna da Terra.

Características[editar | editar a fonte]

As naves da misión foron denominadas Double Star 1 e Double Star 2. A primeira (denominada TC-1) foi lanzada o 29 de decembro de 2003 nunha órbita ecuatorial para estudar os denominados procesos de subtormenta e a entrada de partículas solares na parte frontal da magnetosfera terrestre. A segunda (TC-2) foi enviada a unha órbita polar o 25 de xullo de 2004 co fin de medir a entrada de enerxía do vento solar na ionosfera. Xunto coas naves da misión Cluster II recolléronse datos para entender o proceso de inicio e os mecanismos físicos implicados das subtormentas xeomagnéticas.

Ambos satélites foron lanzados mediante foguetes CZ-2C. Tiñan forma cilíndrica, cun diámetro duns 2,1 m e unha altura de 1,4 m. Cada un tiña unha masa duns 270 kg. TC-1 reentrou na atmosfera o 14 de outubro de 2017, desintegrándose durante o descenso.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Mark Wade (2019). "Double Star" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2019. 
  • Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "TC 1, 2 / Double Star 1, 2" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2019. 
  • NASA (5 de setembro de 2019). "Double Star 1" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2019. </ref>
  • NASA (5 de setembro de 2019). "Double Star 2" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2019. </ref>

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]