Dosen
![]() | Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde setembro de 2017) |
![]() | Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Dosen (en xaponés: 路線) é o termo que, no ámbito das artes marciais xaponesas, designa o concepto dunha traxectoria ideal, que un golpe ou unha técnica debe percorrer a partir do seu punto de saída até o de chegada, é dicir, é un modelo de traxecto que o membro do practicante de artes marciais, ou mesmo o seu corpo enteiro, debe seguir.[1][2]
Este modelo, mesmo que non sexa exactamente seguido nunha situación real, precisa ser perseguido durante os adestramentos, pois bosquexa o camiño no cal hai a mellor relación entre o uso da enerxía e a eficiencia do resultado. Todas as técnicas, sexa un desprazamento, unha esquiva, unha defensa, un ataque etc., posúen o seu deseño ideal.[3][4]
O fundamento natural da concepto dosen é o propio corpo humano, cuxa anatomía posúe as súas peculiaridades e limitacións, que impiden a realización dalgúns movementos e posturas e, aínda, fai que outros sexan moi desgastantes ou ineficientes. Deste xeito, as artes marciais recoñecen tales límites e definen que os golpes deben ser feitos dentro dunha traxectoria naturalmente posíbel e en que haxa o menor consumo de enerxía.[4][5]
Acontece, así, que poden existir diversas técnicas co mesmo obxectivo, pero teñen características distinguidas, como maior ou menor velocidade, maior ou menor potencia, todo dependendo da parte do corpo que é usada.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Varone, Ciro (2009). UNI Service, ed. Del karatedo. Pensieri e configurazioni sulla pratica del karatedo (en italiano). Trento. p. 55.
- ↑ 2,0 2,1 McCarthy, Patrick (2000). Mediterranee, ed. Bubishi. La bibbia del karate (en italiano). Roma.
- ↑ "Vocabulario Fundamental" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 31 de outubro de 2014.
- ↑ 4,0 4,1 Nelson Kautzner Marques Junior. "Karatê shotokan: biomecânica dos golpes do kumitê de competição" (en portugués). Consultado o 31 de outubro de 2014.
- ↑ Field, Derek; Palastanga, Nigel; Soames, Roger (2007). Penerbit Buku Kompas, ed. Anatomia del movimento umano. Struttura e funzione (en italiano) (5 ed.). Milano. p. 87.