Saltar ao contido

Dose absorbida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dose absorbida
 Subclase de
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02r7dt Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC151337348 e C3018426798 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A dose absorbida é unha magnitude que representa a enerxía específica (enerxía por unidade de masa) depositada por radiación ionizante na materia viva. A dose absorbida utilízase no cálculo de absorción de dose nun tecido vivo tanto no ámbito da protección radiolóxica (para protección fronte efectos nocivos da radiación) como no campo da oncoloxía radiolóxica (para a explotación dos efectos beneficiosos da radiación, por exemplo, no tratamento do cancro). Esta magnitude tamén se emprega para comparar directamente o efecto da radiación sobre a materia inerte, como no endurecemento por radiación.

A unidade de medida no SI é o gray (Gy), que se define como un joule de enerxía absorbida por quilogramo de materia.[1] [2] Existe unha unidade máis antiga no sistema CGS (non SI): o rad, que ás veces tamén se emprega, maiormente en EE.UU.

  1. ↑ .ICRP (2007). "The 2007 Recommendations of the International Commission on Radiological Protection". Annals of the ICRP. ICRP publication 103 37 (2–4). ISBN 978-0-7020-3048-2. Consultado o 17 de maio de 2012.
  2. ↑ "Publicación nº 457 da Colección de informes técnicos da OIEA" (PDF)..