Dorothy Wanja Nyingi
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1973 Nairobi |
| Educación | Universidade de Nairobi Université des sciences et techniques de Montpellier 2 (1969-2014) Universidade de Montpellier |
| Actividade | |
| Ocupación | ictióloga, zoóloga |
| Premios | |
Dorothy Wanja Nyingi, nada en Nairobi en 1973, é unha ictióloga galardoada con l'ordre des Palmes académiques (Orde das Palmas Académicas) polo seu traballo sobre a biodiversidade dos peixes e a ecoloxía acuática. É a directora do Departamento de Ictioloxía dos Museos Nacionais de Kenya e a autora da primeira guía de peixes de auga doce en Kenya.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1998 licenciouse en zooloxía pola Universidade de Nairobi e en 2002 un mestrado en hidrobioloxía pola mesma universidade.
En 2007 obtivo o doutoramento en ecoloxía e bioloxía evolutiva pola Universidade de Montpellier II, cunha tese sobre a diversidade morfolóxica e xenética da tilapia do Nilo.[2][3][4]
Carreira
[editar | editar a fonte]Colabora coa International Partnership for the Satoyama Initiative (IPSI) que promove a conservación e restauración de ambientes naturais modificados pola actividade humana, representando ao equipo KENWEB (The Kenya Wetlands Biodiversity Research Team) e aos Museos Nacionais de Kenya.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Freshwater Fishes of Kenya book launched at National Museums". Arquivado dende o orixinal o 4 de abril de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2016.
- ↑ "Our People" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2019. Consultado o 6 de ouctubre de 2019.
- ↑ "A former scholarship holder coordinator of the forthcoming science clubs". French Embassy in Nairobi. 13 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 6 de abril de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2016.
- ↑ Biko, Jackson (25 de septiembre de 2014). "Meet the Nyeri woman who knows her fish". Consultado o 23 de marzo de 2016.
- ↑ "Satoyama Initiative » Wanja Dorothy Nyingi: KENWEB, National Museums of Kenya". Consultado o 23 de marzo de 2016.[Ligazón morta]