Dorothy Hill
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de setembro de 1907 ![]() Brisbane, Australia ![]() |
Morte | 23 de abril de 1997 ![]() Brisbane, Australia ![]() |
Residencia | Cambridge (1930–1936) ![]() |
Educación | Universidade de Queensland (pt) ![]() Brisbane Girls Grammar School (en) ![]() Universidade de Cambridge - Doutora en filosofía Coorparoo State School (en) ![]() Newnham College ![]() |
Director de tese | Gertrude Elles (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeoloxía ![]() |
Ocupación | xeóloga, paleontóloga ![]() |
Empregador | Universidade de Queensland (pt) ![]() ![]() |
Membro de | |
Influencias | |
Premios | |
|
Dorothy Hill, nada en Brisbane o 10 de setembro de 1907 e finada o 23 de abril de 1997, foi unha xeóloga, zoóloga, paleontóloga australiana.[1] Foi a primeira muller profesora nunha universidade australiana, e a única muller presidenta da Academia Australiana de Ciencias,[2] ata que Suzanne Cory ocupou dito cargo entre 2010 e 2014.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dorothy Hill non puido entrar na facultade de medicina na Universidade de Queensland como ela quería pero, grazas a unha bolsa, estudou química e continuou, por consello do seu profesor Henry Caselli Richards (1884-1947), en xeoloxía. Licenciouse en 1928 e recibiu un primeiro premio académico e a medalla de ouro da universidade ao mérito destacado. Obtén unha bolsa para estudar no Sedgwick Museum of Earth Sciences de Cambridge .
Dorothy Hill obtivo o seu doutoramento en Cambridge en 1932 sobre os corais da Escocia Carbonífera. Estivo en Inglaterra durante sete anos, editando varios artigos importantes sobre os Rugosa.[4] De volta en Australia, estudou as capas estratigráficas e os corais do sur de Australia. O seu traballo sobre corais paleozoicos considérase un estándar.[Cómpre referencia]
Durante a segunda guerra mundial, Hill alistouse no Women's Royal Australian Naval Service.
En 1956, converteuse en membro da Academia Australiana de Ciencias, vicepresidenta en 1969 e a primeira presidenta desde 1970, despois da morte de David Forbes Martyn (1906-1970).
Hill publicou máis de 100 artigos de investigación en revistas e libros australianos e internacionais. En 1978, Hill completou a Bibliografía e Índice completos de Coral Paleozoico Australiano.
Foi condecorada Compañeira da Orde de Australia e Comandante da Orde do Imperio Británico, foi Fellow da Royal Society e recibiu a Medalla Clarke en 1966.
Deuselle o seu nome á Acanthastrea hillae, a Australomya hillae, a Filiconcha hillae e a Reticulofenestra hillae.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Centre, The University of Melbourne eScholarship Research. "Hill, Dorothy - Biographical entry - Encyclopedia of Australian Science". www.eoas.info (en inglés). Consultado o 2021-12-17.
- ↑ "Dorothy Hill 1907-1997 | Australian Academy of Science". www.science.org.au (en inglés). Consultado o 2021-12-17.
- ↑ "Academy welcomes new President | Australian Academy of Science". www.science.org.au (en inglés). Consultado o 2021-12-17.
- ↑ Oakes, Elizabeth H. (2002). International encyclopedia of women scientists. New York: Facts on File. ISBN 0-8160-4381-7. OCLC 45835614.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rosa María Mateos, Ana Ruiz Constán (2021). Geas: Mujeres que Estudian la Tierra. Asociación de Servicios de Geología y Minería Iberoamericanos, Federación Europea de Geólogos, 2021. ISBN: 978-84-09-30001-3
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dorothy Hill na páxina web Mujeres y Geología
- Dorothy Hill, “un chicazo y un ratón de biblioteca” no blog Mujeres con ciencia.