Saltar ao contido

Dorothy Gish

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDorothy Gish

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Dorothy Elizabeth Gish Editar o valor en Wikidata
11 de marzo de 1898 Editar o valor en Wikidata
Dayton Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xuño de 1968 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Rapallo Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema, autora, guionista, directora de cinema, actriz de teatro, actriz, realizadora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1912 Editar o valor en Wikidata - 1963 Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFrances Robinson-Duff (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJames Rennie (1920–1935) Editar o valor en Wikidata
PaisJames Leigh Gish Editar o valor en Wikidata  e Mary Gish Editar o valor en Wikidata
IrmánsLillian Gish Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0321088 Allocine: 4460 Allmovie: p27127 IBDB: 42298
BNE: XX1393574 WikiTree: Gish-214 Find a Grave: 2021 Editar o valor en Wikidata

Dorothy Elizabeth Gish, nada en Dayton o 11 de marzo de 1898 e finada en Rapallo (Italia) o 4 de xuño de 1968, foi unha actriz estadounidense de cinema e teatro, ademais de directora e guionista.[1] Dorothy e a súa irmá máis vella Lillian foron grandes estrelas do cinema mudo. Dorothy tivo tamén grande éxito no teatro, e foi incluída no American Theater Hall of Fame. Dorothy Gish destacou como unha notable cómica, e entre os seus filmes moitos foron comedias.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Dorothy Gish naceu en Dayton, Ohio. A nai das irmás Gish, Mary Robinson McConnell Gish, mantiña a familia despois de que o seu marido, James Leigh Gish, viaxante, abandonase a familia en Nova York.[2] Mary Gish, que era "unha antiga actriz e comerciante duns almacéns", mudouse coas súas fillas a Indiana, onde abriu un negocio de lambetadas e catering.[2] En 1902, con catro anos, Dorothy debutou no teatro interpretando a personaxe de "Little Willie" en East Lynne, adaptación da novela inglesa de 1861 escrita por Ellen Wood.[3]

En 1912, a amiga da infancia Mary Pickford presentou as irmás ao director D. W. Griffith, e comezaron a actuar como extras para Biograph Studios en Nova York cun salario de 50 dólares por semana.[4] Durante o seu traballo inicial coas irmás, a Griffith éralle difícil distinguilas, polo que fixo que Lillian levase un lazo azul no seu cabelo e Dorothy un vermello.[5] As rapazas, especialmente Lillian, impresionaron o director, así que as incluíu no equipo que levou a California para producir filmes aló.[4]

Inicio da carreira

[editar | editar a fonte]

Dorothy e a súa irmá debutaron na produción de Griffith de 1912 An Unseen Enemy. Posteiormente interpretou máis de cen curtametraxes e longametraxes, moitas veces con Lillian. Non obstante, durante a súa carreira, Dorothy tivo que lidar coas comparacións coa súa irmá por parte de críticos, actores ou executivos dos estudios.

Accidente case fatal (1914)

[editar | editar a fonte]

A incipiente carreira cinematográfica de Dorothy Gish case remata nunha rúa dos Ánxeles o Día de Acción de Grazas de 1914. O 26 de novembro de 1914, a actriz de dezaseis anos foi golpeada e case morta por un "automóbil de carreiras".[6] Os xornais e as publicacións sobre cinema da época informaron do suceso e descibiron as graves feridas de Gish. O accidente case fatal ocorreu mentres Dorothy camiñaba con Lillian no cruzamento das avenidas Vermont e Prospect.[7] Segundo informes das noticias, despois de que o coche a atropelase, arrastrouna pola rúa entre 40 e 50 pés. Outro persoal da película que estaba parado nunha beirarrúa próxima, incluído D. W. Griffith, foi testemuña de como golpeaban a Dorothy.[6] No momento do accidente, Gish estaba acabando unha comedia romántica de dous rolos co actor W. E. Lawrence. O filme, How Hazel Got Even, xa fora atrasado unha vez por Reliance-Majestic Studios debido a que o director Donald Crisp contraera pneumonía.[8] A rodaxe da curtametraxe foi posposta de novo durante máis dun mes mentres Gish se recuperaba.[9][10] Orixinalmente prevista para ser estreada o 27 de decembro de 1914, How Hazel Got Even non foi distribuída nas salas ata mediados de febreiro de 1915.[11]

1915-1928

[editar | editar a fonte]

Tras recuperarse do accidente, Gish volveu á súa carreira cinematográfica o ano seguinte, interpretando unha serie de curtametraxes de dous e tres rolos, así como filmes máis complexos e longos como as producións de cinco rolos Old Heidelberg, dirixida por John Emerson, e Jordan Is a Hard Road, de novo baixo a dirección de D. W. Griffith.[12][13] O atractivo de Dorothy para os produtores e para o público continuou a medrar en 1915, levando a W. E. Keefe a recoñecela no número de xuño de Motion Picture Magazine como "unha das estrelas de cinema máis populares da pantalla".[10]

Cinema sonoro e volta ao teatro

[editar | editar a fonte]

Cando a industria do cinema se converteu no cinema sonoro, Dorothy interpretou un en 1930, o drama criminal británico Wolves. Antes, en 1928 e 1929, as súas aparicións na obra de Broadway Young Love e o seu traballo co director George Cukor renovaran o seu interese nos escenarios e en volver interpretar en vivo.[14] A comedia lixeira demostrara que era moi popular entre a crítica e o público de Nova York, en xiras polos Estados Unidos e en producións en Londres. Estes éxitos convencérona para facer unha pausa do cinema.

Postal de Gish en Life With Father

En 1939, Dorothy e Lillian Gish atoparon o papel teatral da súa vida. “Dorothy e mais eu fomos ver unha produción neoiorquina de Life With Father, protagonizada por Howard Lindsay e Dorothy Stickney”, escribiu Lillian na súa autobiografía. “Trala representación dixen: ‘Esta é a obra que estabamos agardando levar polos Estados Unidos’”. Outro éxito posterior na carreira de Gish foi The Magnificent Yankee, que interpretou en Broadway no Royale Theatre durante a primeira metade de 1946.[15]

Televisión e filmes finais

[editar | editar a fonte]

A televisión da década de 1950 ofreceu a moitos intérpretes de teatro e cinema a ocasión de aparecer en obras de teatro emitidas en directo. Dorothy adentrouse no novo medio, aparecendo en Lux Video Theatre da NBC a tarde do 24 de novembro de 1955, nunha produción de Miss Susie Slagle's. Ela e Lillian interpretaran a obra previamente xuntas na pantalla na adaptación de 1945 de Paramount Pictures.

Dende 1930 e ata a súa morte, só apareceu en cinco filmes máis, incluído Our Hearts Were Young and Gay (1944), que supuxo un éxito para Paramount. O director Otto Preminger contratou a Dorothy para o seu filme de 1946, Centennial Summer. Na estrea de 1951 The Whistle at Eaton Falls, filme de cinema negro producido por Louis de Rochemont, Dorothy interpreta a viúva do dono dun muíño. Durante ese período, tamén fixo varias aparicións na televisión en series antolóxicas. O seu último papel foi noutra produción de Preminger, O cardeal, en que interpreta a nai do protagonista.

Morte e legado

[editar | editar a fonte]

Gish faleceu aos 70 anos en 1968 de pneumonía nunha clínica de Rapallo, Italia, onde fora paciente durante dous anos. A súa irmá estaba ao seu lado.[4] The New York Times informou de que o día seguinte á súa morte o consulado estadounidense en Xénova estaba a facer arranxos para incinerar o corpo para a súa volta aos Estados Unidos.[4] As cinzas foron situadas na igrexa Episcopal de San Bertomeu de Nova York no columbario da igrexa. Lillian, que faleceu en 1993, foi enterrada xunto a ela.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]
Fotograma de Gish con James Rennie en Flying Pat (1920)

Dorothy Gish casou só unha vez, con James Malachi Rennie (1890–1965), actor canadense que coprotagonizou con ela dúas producións de 1920, Remodeling Her Husband, dirixida pola súa irmá Lillian, e a comedia Flying Pat. En decembro de 1920, a parella fuxiu a Greenwich, Connecticut, onde casaron nunha cerimonia dobre en que a amiga de Gish, a actriz Constance Talmadge, tamén casou co empresario grego John Pialoglou.[16] Gish e Rennie seguiron xuntos ata o seu divorcio en 1935. Dorothy nunca volveu casar.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Peppy Polly (1919)
Boots (1919)
Ano Título Personaxe Notas
1912An Unseen EnemyThe sister
Two Daughters of EveIn theatre crowd
So Near, Yet so FarA friendCopia no Museum of Modern Art
The Painted LadyBelle at ice cream festival
The Musketeers of Pig AlleyFrizzy-haired woman in streetCopia na Biblioteca do Congreso
Gold and GlitterOn street
My BabyWedding guestCopia no Museum of Modern Art
The InformerThe Southern girlCopias na Biblioteca do Congreso
Brutality
The New York Hat
My HeroThe young woman
The Burglar's DilemmaBirthday wellwisher
A Cry for HelpWitness to accident
1913Oil and WaterIn first audience
Broken WaysIn telegraph office
The Perfidy of MaryRose
The Lady and the MouseThe second sister
Just GoldThe Sweetheart's sister
Red Hicks Defies the WorldHicks' sweetheart
The Vengeance of Galora
The House of DiscordThe daughterCopia no Museum of Modern Art
Almost a Wild ManMiss Smart / Sideshow patron
1914Her Father's silent partner
Judith of BethuliaThe crippled beggar
The Floor AboveStella Ford
Home, Sweet HomeSister of Payne's sweetheart
The Rebellion of Kitty Belle
The SistersCarol
1915How Hazel Got EvenHazel
His LessonParticipant in mob scene
Jordan Is a Hard RoadCora FindleyFilme perdido
Old HeidelbergKatie Huder
1916Gretchen the GreenhornGretchen Van Houck
Betty Of Greystone Betty Lockwood
The Children of the FeudSairy AnnFilme perdido
The Little School Ma'amNan
1917Stage StruckRuth ColbyCopia na Biblioteca do Congreso
Her Official FathersJaniceFilme perdido
The Little YankSallie Castleton
1918Hearts of the WorldThe Little DisturberCopia en Cohen Media Group
Battling JaneJaneFilme perdido
The Hun WithinBethCopia na Cinémathèque Française
The Hope ChestSheila MooreFilme perdido
1919BootsBootsFilme perdido
Peppy PollyPollyFilme perdido
I'll Get Him YetSusy Faraday JonesFilme perdido
Nobody HomeFrances WadsworthFilme perdido
1920Remodeling Her HusbandJane WakefieldFilme perdido
Flying PatPatricia Van NuysCopia na Cinémathèque Française
1921Orphans of the StormLouise Girard
1922The Country FlapperJolanda WhipleFilme perdido
1923FuryMinnieFilme perdido
The Bright ShawlLa Clavel
1924RomolaTessa
1925The Beautiful CityMollie
Clothes Make the PirateBetsy TiddFilme perdido
Ben-HurChariot Race Spectator
1926Nell GwynNell Gwyn
LondonMavis HoganFilme perdido
CamilleGrace
1927Madame PompadourMadame Pompadour
Tip ToesTiptoes KayFilme perdido
1930WolvesLeila McDonald
1946Centennial SummerMrs. Rogers
1951The Whistle at Eaton FallsMrs. Doubleday
1963O cardealCelia
  1. Aínda que durante moitos anos creuse que as irmás Gish naceran co apelido "De Guiche" ou "de Guiche", o seu apelido era, de feito, Gish. O biógrafo Charles Affron explicou a fonte desas inexactitudes no nome Lillian Gish: Her Legend, Her Life: "The Gish name was initially the source of some mystification. In 1922, at the time of the opening of Orphans of the Storm, Lillian reported that the Gish family was of French origin, descending from the Duke de Guiche.... [S]uch press-agentry falsification was common. Just a few years later the story was modified slightly so that de Guiche becomes the more illustrious Duc de Guise.... [A]mong the Gish ancestors were a great-uncle probably murdered on a business trip to Philadelphia and four cousins who served in the Civil War ... James Leigh Gish was the youngest of four sons of David Gish (1814–1888) and Diana Caroline Waltz."
  2. 1 2 Dwyer, Shawn. "Dorothy Gish", Turner Classic Movies (TCM), Atlanta, Georgia. Consultado o 25 de setembro de 2019.
  3. "Motion Picture Studio Directory", entry for Dorothy Gish under "Actresses—Leads", Motion Picture News (New York), 21 de outubro de 1916, páx. 75. Internet Archive, San Francisco, California. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  4. 1 2 3 4 "Dorothy Gish, Actress, Is Dead; In Theater and Films 50 Years: Starred With Sister, Lillian, in Griffith Silent Classics--Many Broadway Roles", The New York Times (1923-current digital archives), 6 de xuño de 1968, páx. 47. ProQuest Historical Newspapers.
  5. "Miss Lillian Gish Interview" dirixido pola actriz Mariette Hartley o 22 de xaneiro de 1987, no 112.º aniversario do nacemento de D. W. Griffith. YouTube, publicado orixinalmente por Dana Harris o 25 de decembro de 2013. Consultado o 25 de setembro de 2019.
  6. 1 2 "In Movie Land", The Chicago Sunday Tribune, 3 de xaneiro de 1915, p. VIII 7. ProQuest Historical Newspapers. Consultado o 25 de setembro de 2019.
  7. "Dorothy Gish is Injured", Los Angeles Times, 27 de novembro de 1914, páx. 110. ProQuest Historical Newspapers.
  8. "In and Out of Los Angeles Studios", Motion Picture News, 19 de decembro de 1914, páx. 44. Consultado o 25 de setembro de 2019.
  9. "Dorothy Gish Injured", Photoplay (Chicago), febreiro de 1921, páx. 135. Internet Archive. Consultado o 25 de setembro de 2019.
  10. 1 2 Keefe, W. E. (1915). "Dorothy Gish", artigo en Motion Picture Magazine, xuño de 1915, páx. 109. Internet Archive. Consultado o 28 de setembro de 2019.
  11. "Release Dates for Ready Reference", "12-27 How Hazel Got Even", Motion Picture News, 19 de decembro de 1914, páx. 44. Consultado o 25 de setembro de 2019.
  12. "Old Heidelberg", Variety (Nova York), 8 de outubro de 1915, p. 21. Internet Archive. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  13. "Jordan Is A Hard Road", Variety, 19 de novembro de 1915, páx. 24. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  14. "Dorothy Gish", Internet Broadway Database (IBDB), stage credits, The Broadway League, New York. Consultado o 27 de setembro de 2019.
  15. "The Magnificent Yankee, Royale Theatre, January 22-June 8, 1946. Playbill, Nova York. Consultado o 28 de setembro de 2019.
  16. "They're Married!", Photoplay (Chicago), marzo de 1921, páx. 59, 113. Internet Archive, San Francisco, California. Consultado o 25 de setembro de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]