Concello de Dorotea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dorotea (municipio)»)
Modelo:Xeografía políticaConcello de Dorotea
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 64°16′00″N 16°25′00″L / 64.2667, 16.4167Coordenadas: 64°16′00″N 16°25′00″L / 64.2667, 16.4167
EstadoSuecia
CondadoCondado de Västerbotten Editar o valor em Wikidata
CapitalDorotea (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Escindido deÅsele (comuna) (pt) Traducir (1980) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación2.339 (2023) Editar o valor em Wikidata (0,8 hab./km²)
Lingua oficiallingua sueca
linguas saamis Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie2.939,86 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1 de xaneiro de 1980 Editar o valor em Wikidata

Páxina webdorotea.se Editar o valor em Wikidata
Facebook: dorotea.kommun Twitter: DoroteaKommun Instagram: doroteakommun LinkedIn: dorotea-kommun Youtube: UCbB633ZZVTeGqsk26SjKmMw Editar o valor em Wikidata

Dorotea (saami meridional: Kraapohken tjïelte e ás veces Döörten tjïelte) é un municipio sueco (kommun) do condado de Västerbotten.[1] Atópase no landskap de Lappland, con pequenas partes nos de Ångermanland e Jämtland. A súa capital é Dorotea con 1 706 habitantes, sendo o seu único núcleo urbano e onde en 2015 vivía o 54,4% da poboación do concello.

As partes occidentais do municipio están formadas por montañas, mentres que as partes do sueste están formadas principalmente por marismas. A economía baséase principalmente na industria manufactureira, nas actividades públicas e na agricultura e silvicultura, aínda que o turismo está aumentando considerablemente.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O municipio limita ao norte co concello de Vilhelmina e ao leste co de Åsele, os dous no condado de Västerbotten, e ao sur co de Sollefteå no condado de Västernorrland e o de Strömsund no condado de Jämtland.

O concello é un dos máis meridionais do condado de Västerbottens e do landskap de Lappland. Debido a iso á veces o concello é coñecido como a porta sur de Lappland.[2]

Topografía e hidrografía[editar | editar a fonte]

Os contrafortes máis orientais dos Alpes Escandinavos, así como o pico de Norra Borgafjällen, que acada os 1 477 metros sobre o nivel do mar, conforman a zona occidental do municipio. Alí o leito rochoso está formado de amfibolita, o que significa que a vexetación das rexións alpinas componse principalmente de queiroas secas. Ao leste de Borgafjället, no límite con Vilhelmina, atópase a meseta de Blaikfjället que chega aos 724 metros de altura. Na área o leito rochoso é pobre en cal e está cuberto con grandes áreas de bosque primitivo. Unha vexetación máis rica existe por exemplo na reserva natural de Månsberget e cara ao lago Ormsjön. A área de morena en Rogenmorän, así como outeiros máis pequenos, atópanse entre as zonas alpinas. As partes do sueste do concello están formadas principalmente por marismas e son parte do lappmark de Åsele e tamén é unha ruta de migración para os renos en Blaikfjäll.[3]

Conservación natural[editar | editar a fonte]

No ano 2021 había 11 reservas naturais no municipio, das cales Blaikfjället e Gitsfjället eran as máis grandes e que ademais compartía co concello de Vilhelmina. A reserva de Stenbitshöjden esténdese ata o municipio de Åsele.[4] Tamén a reserva de Gäddsjömyran, que a xunta administrativa do condado de Västerbotten describe como "a paisaxe natural máis magnífico do condado", é compartida co municipio de Vilhelmina.[5] Na reserva de Arksjöberget pode atoparse unha flora moi variada.[6]

Áreas urbanas[editar | editar a fonte]

No concello de Dorotea só existe unha área urbana, Dorotea, que no ano 2020 tiña 1 320 habitantes segundo o Instituto de Estadística de Suecia.[7]

Economía e infraestruturas[editar | editar a fonte]

A meirandeparte dos empregos atópanse na capital e a economía baséase principalmente na industria manufactureira, os servizos públicos, e a agricultura e silvicultura. Unha das empresas máis grandes dentro da industria manufactureira é o fabricante de caravanas SoliferPolar, que con 75 traballadores era o principal empregador privado do concello en 2020.[8]

O número de persoas empregadas na industria manufactureira e na industria do turismo aumentou considerablemente, mentres que o número deempregados na agricultura e na silvicultura disminuíu.[9]

A estrada 45 cruza o leste do concello. A liña férrea Inlandsbanan tamén atravesa o municipio.[9] Durante o verán o tren ten unha estación no concello.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-12. 
  2. "Lapplands Sydport". Dorotea kommun (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-21. 
  3. "Dorotea - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2022-08-22. 
  4. "Naturområden, naturreservat". Dorotea kommun (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2022. Consultado o 2022-09-01. 
  5. "Gäddsjömyran". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-09-01. 
  6. "Arksjöberget". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2022-09-01. 
  7. "Statistiska tätorter 2020, befolkning, landareal, befolkningstäthet per tätort". Statistiska centralbyrån. Consultado o 9 de setembro de 2022. 
  8. "Din kommun i siffror". Ekonomifakta (en sueco). Consultado o 2022-09-09. 
  9. 9,0 9,1 "Dorotea - Uppslagsverk - NE.se". www.ne.se. Consultado o 2022-09-09. 
  10. "Tåg". Dorotea kommun (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2023. Consultado o 2022-09-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]