Dornier Do 18

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dornier Do 18
Tipohidroavión
FabricanteDornier
Primeiro voo15 de marzo de 1935
Unidades construídas170

O Dornier Do 18 foi un hidroavión alemán desenvolvido a partir do Do 16 pr’á Luftwaffe, aínda que Lufthansa recibiría cinco unidades que usou para realizar probas entre os Azores e Norteamérica en 1936 e na súa rota de correo no Atlántico Sur entre 1937 e 1939.

Entre os días 27 e 29 de marzo de 1938, un Do 18 W estableceu un récord entre os hidroavións tras realizar un voo sen escalas de 8.391 km, dende Start Point, Devon ata Caravelas no Brasil.

Deseño e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

En 1934 Dornier Flugzeugwerke comezou a desenvolver un novo hidroavión bimotor para substituír o Dornier Do J "Wal" tanto en roles civís como militares. O deseño resultante, o Do 18, retivo a disposición do Wal, cun casco de metal equipado con distintivos contrafeitos estabilizadores, e impulsado por dous motores sobre a á nunha configuración push-pull, pero era aerodinamica e hidrodinamicamente máis eficiente. Estaba previsto que fose propulsado por dous dos novos motores diésel Junkers Jumo 205. Aínda que pesado, este motor prometía un consumo de combustible moito menor que motores convencionais de potencia semellante.[1]

O primeiro protoripo, o Do 18a, con rexistro D-AHIS e bautizado Monsun por Luft Hansa, voou o 15 de marzo de 1935, impulsado por dous dos primeiros Junkers Jumo 5c diésel de 550 hp cabalos xa que o planeado Jumo 205 aínda non estaba dispoñible.[2] O avión perdeuse o 2 de novembro de 1935 sobre o mar Báltico durante probas de alta velocidade. Seguironlle tres prototipos máis, dous (o Do 18d e o Do 18b) eran protoripos militares, e o Do 18c (despois redesignado Do 18 V3) era un prototipo civil.[3]

O Do 18c foi entregado a Luft Hansa como un Do 18E de transporte civil (D-ABYM Aeolus), e rapidamente foi seguido por dous avións máis (D-AANE Zyklon e D-ARUN Zephir),[4] cun último Do 18E (D-AROZ Pampero) sendo construído en 1938.[5]

Outro Do 18 civil foi o Do 18F, un avión modificado cunha maior envergadura e máis peso para voos de maior alcance. O único Do 18F, D-ANHR, voou por primeira vez o 11 de xuño de 1937.[5] Posteriormente modificouse con motores radiais BMW 132N de 880 cabalos para probar unha posible actualización para os avións da Luftwaffe, voando nesta forma o 21 de novembro de 1939 como o Do 18L. Porén, tivo problemas de refrixeración e abandonouse o desenvolvemento posterior do Do 18 con motores radiais.[6]

Variantes[editar | editar a fonte]

Versións civís[editar | editar a fonte]

  • Do 18E. Versión civil inicial, equipada con motores Jumo 205C-1. Fabricáronse catro unidades.
  • Do 18F. Versión civil de longo alcance con máis envergadura e peso meirande na engalaxe. Fabricouse un.
  • Do 18L. Conversión do D-ANHR con motores radiais BMW 132M.

Versións militares[editar | editar a fonte]

  • Do 18D. Foi a primeira versión militar, equipada con motores Jumo 205C e armada con metralladoras MG 15 de 7,92 mm na proa e no dorso. Fabricáronse 79.
  • Do 18G. Versión mellorada equipada con motores Jumo 205D e armada cunha metralladora MG 131 de 13 mm na proa e un canón MG 151 de 20 mmm no dorso. Fabricáronse 62.
  • Do 18H. Versión desarmada con control dual para adestramento. Fabricáronse 22.
  • Do 18N. Designación para conversións de aparellos desarmados para operacións de rescate no mar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Air International. Abril de 1980, pp. 182, 184
  2. Air International.Abril de 1980, p. 184
  3. Air International. Abril de 1980, pp. 184-185
  4. Air International. Abril de 1980, pp. 185
  5. 5,0 5,1 Air International. Abril de 1980, pp. 186
  6. Air International. Abril de 1980, pp. 187