Dorna (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dorna é unha revista de expresión poética creada no mes de maio do ano 1981 grazas á iniciativa da Asociación Cultural Dorna, da Illa de Arousa. A partir do segundo número da publicación, a súa edición pasou a mans da Cátedra de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Con case trinta anos de historia, a revista conta coa publicación das composicións de diversos escritores e escritoras do panorama literario galego, xa sexan relatos, poemas, críticas ou recensións, tanto de autores e autoras emerxentes coma daqueles e daquelas que contan cunha gran traxectoria ás súas costas. Dende o ano 2007, e logo de tres anos de ausencia, regresou cun novo director, Ramón Lorenzo Vázquez, e cun novo Comité de Redacción, formado por David Pobra, Xosé Manuel Salgado, Lorena Souto e Mario Regueira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]