Doris Wieser
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1976 ![]() Alemaña ![]() |
Educación | Universidade de Gotinga - Doutora en filosofía (2008–2012) Seminario románico da Universidade de Heidelberg - mestría en artes (1998–2003) ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura latinoamericana, literatura africana e Filoloxía románica ![]() |
Ocupación | romanista, profesora universitaria, hispanista ![]() |
Empregador | Facultade de Letras da Universidade de Coímbra (2019–) Facultade de Letras da Universidade de Lisboa (2017–2019) Universidade de Gotinga (2008–2016) ![]() |
Doris Wieser, nada na Alemaña en 1976, é unha escritora e profesora universitaria en Portugal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Literatura Hispánica, Lusófona e Alemá na Universidade de Heidelberg, na Universidade de São Paulo e na Universidade Nacional Autónoma de México. Despois de rematar o mestrado en Estudos hispánicos, portugueses e alemáns pola Universidade de Heidelberg, en 2003 traballou como editora na editorial Klett de Stuttgart. Foi profesora axudante de literatura iberoamericana na Universidade de Gotinga. De abril de 2014 a 2016 foi bolseira da Fundación Alexander von Humboldt da Universidade de Lisboa[1] e no Centro de Estudos de Humanidades e Investigadores da FCT, Universidade de Lisboa (2017-2019).
Entre 2017 e 2021 coordinou o proxecto "Identidades nacionais en diálogo. Construcións de identidades políticas e literarias en Portugal, Angola e Mozambique (desde 1961)".[2] É profesora axudante na Facultade de Artes e Humanidades da Universidade de Coimbra, onde é responsable da área de Literaturas Africanas en Portugués, e membro integrante do Centro de Literatura Portuguesa.[3]
As súas áreas de interese son a literatura latinoamericana dos séculos XX e XXI, así como as literaturas africanas de lingua portuguesa. É autora de decenas de artigos en revistas científicas e libros especializados, escritos en portugués, español, inglés e alemán.[4]
Obras
[editar | editar a fonte]- Crímenes y sus autores intelectuales. Entrevistas a escritores del género policial en América Latina y África lusófona (2010). München.
- Der lateinamerikanische Kriminalroman um die Jahrtausendwende. Typen und Kontexte (2012). Münster.
- Masculinidad y violencia de género en la novela negrocriminal nicaragüense (2015). Universidad Nacional de Rosario. Facultad de Humanidades y Artes. Centro de Estudios de Teoría y Crítica Literaria.[5]
Tese de doutoramento
[editar | editar a fonte]- Der lateinamerikanische Kriminalroman um die Jahrtausendwende. Typen und Kontexte (2012). Münster: LIT Ibéricas. Sobre a literatura policial e negra en América Latina das dúas últimas décadas.[6]
Libros colectivos
[editar | editar a fonte]- Identidades em movimento: construções identitárias na África de língua portuguesa e seus reflexos no Brasil e em Portugal (2015). Frankfurt - Main: TFM, Biblioteca Luso-Brasileira. Con Enrique Rodrigues-Moura.
- Cities of the Lusophone World: Literature, Culture and Urban Transformations (2018). Oxford: Peter Lang. Con Ana Filipa Prata.
- A flor de cuerpo: representaciones del género y de las disidencias sexo-genéricas en Latinoamérica (2021). Madrid/Frankfurt am Main: Iberoamericana/Vervuert. Con Luciana Moreira.
- DecliNações: género e nação nas literaturas e culturas africanas de língua portuguesa (2022). Coimbra: Almedina. Con Jessica Falconi.
- Língua e identidade no mundo lusófono: Sprache und Identität in der lusophonen Welt (Romanische Sprachen und ihre Didaktik Livro 75)
Estudos
[editar | editar a fonte]- Imaginarios africanistas y trasatlánticos: memoria y agencia cultural” (Iberoamericana XVII, 66, 2017). Con Magdalena López.
- Mulheres na imprensa colonial: discursos e representações” (Ex aequo, 39, 2019) . Con Jessica Falconi.
Documentais
[editar | editar a fonte]- Viver e escrever em trânsito: entre Angola e Portugal (2021). 63 min., directora.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Revista, iMex (2016-02-23). "V. D. Wieser/M. Grizel Delgado Rodríguez - Mitificación de Pancho Villa". iMex Revista (en castelán). Consultado o 2025-04-04.
- ↑ "Doris Wieser". phdcomp.letras.ulisboa.pt.
- ↑ "Doris Wieser (4D18-AADA-7943) CIÊNCIAVITAE". www.cienciavitae.pt. Consultado o 2025-04-04.
- ↑ "Prof. Dr. Doris Wieser". www.romanistik.de. Consultado o 2025-04-04.
- ↑ Wieser, Doris (2015-08). "Masculinidad y violencia de género en la novela negrocriminal nicaragüense". ISSN 1853-9580.
- ↑ Wieser, Doris (2012-01-01). Der lateinamerikanische Kriminalroman um die Jahrtausendwende. Typen und Kontexte.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1976
- Escritores en lingua portuguesa
- Escritores en lingua castelá
- Escritores en lingua inglesa
- Escritores en lingua alemá
- Profesores da Universidade de Lisboa
- Alumnos da Universidade de Heidelberg
- Alumnos da Universidade de São Paulo
- Alumnos da Universidade Nacional Autónoma de México
- Profesores da Universidade de Gotinga
- Profesores da Universidade de Coímbra
- Nados en Alemaña