Doris Reisinger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDoris Reinsinger
Biografía
Nacemento(de) Doris Wagner Editar o valor em Wikidata
1983 Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
Ansbach, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaSpiritual Family "The Work" (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3802212 Editar o valor em Wikidata


Doris Reisinger, de solteira Doris Wagner, nada en Ansbach no ano 1983, é unha ex monxa e filósofa, teóloga e escritora alemá.

Biografía e traxectoria[editar | editar a fonte]

Reisinger naceu como Doris Wagner en Ansbach en 1983 e uniuse á comunidade relixiosa católica Familia Spiritualis Opus (FOS) á idade de 19 anos. En 2008, aos 24 anos, Reisinger alegou que foi agredida sexualmente polo sacerdote austríaco Hermann Geissler, membro tanto de FOS como da Congregación para a Doutrina da Fe (CDF).[1][2] Geissler renunciou á CDF en xaneiro de 2019 pero negou as acusacións na súa contra.[1][2]

Reisinger deixou a orde en 2011 e terminou os seus estudos de teoloxía en 2014.[3] O mesmo ano, publicou Nicht mehr ich. Die wahre Geschichte einer jungen Ordensfrau, a súa autobiografía, que relata as súas experiencias como vítima de agresión sexual dentro da Igrexa católica Romana. Reisinger critica que as xerarquías de moitas relixións e comunidades de fe, como a Igrexa católica, subordinan os individuos. Alega que estas comunidades a miúdo adoitaban proporcionar as condicións ideais para facilitar o asalto por parte dos homes de rango superior.[4] A investigación criminal realizada pola policía en Alemaña e Austria contra o seu presunto violador non conduciu a ningunha condena. En Alemaña, as autoridades pecharon o caso porque a conduta do sacerdote non cumpría cos criterios dun delito, mentres que en Austria o caso pechouse porque o sacerdote afirmou de maneira convincente que a súa relación foi consentida.[3]

Reisinger foi unha das cinco protagonistas do documental #Female Pleasure, dirixido pola cineasta suíza Barbara Miller e estreado no Festival de Locarno de 2018. A película fala sobre a sexualidade no século XXI desde a perspectiva dunha muller e sobre a continua represión das mulleres nas estruturas patriarcais.[5]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Nicht mehr ich. Die wahre Geschichte einer jungen Ordensfrau. Edition a, Wien 2014, ISBN 978-3-99001-109-6 .
  • Con Klaus Mertes; Spriritueller Missbrauch in der katholischen Kirche. Herder, Freiburg 2019, ISBN 978-3-451-38426-4 .

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Pullella, Philip (29 de xaneiro 2019). "Vatican official resigns after abuse accusation by ex-nun" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Agnew, Paddy (3 de febreiro de 2019). "'Vatican official came into my room and raped me': ex-nun" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2019. 
  3. 3,0 3,1 Schulschenk, Lara (22 de novembro de 2018). "Jenseits von Eden" (en alemán). Consultado o 6 de maio de 2019. 
  4. Cwienk, Jeannette (7 de febreiro 2019). "Doris Reisinger: For clergy, 'I was the perfect victim'". Consultado o 6 de maio de 2019. 
  5. "Review: #Female Pleasure" (en inglés). Consultado o 2022-02-06.