Donn Eisele

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Donn Eisele
Eisele donn (crop).jpg
Datos persoais
Nacemento23 de xuño de 1930
LugarColumbus
Falecemento2 de decembro de 1987 e 1 de decembro de 1987
Actividade
MisiónsApollo 7
Tempo no espazo10,84 días
PremiosDistinguished Flying Cross (Estados Unidos) e United States Astronaut Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Donn Fulton Eisele, nado en Columbus (Ohio) o 23 de xuño de 1930, foi un astronauta estadounidense que participou na misión Apollo 7. Pasou un total de 10,84 días no espazo.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Eisele graduouse en ciencias pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1952. Foi máster en astronáutica polo Instituto de Tecnoloxía da Forza Aérea da Base Wright-Patterson da Forza Aérea en 1960.[1][2]

Durante a súa carreira na Forza Aérea foi enxeñeiro de proxecto e piloto de probas no Centro de Armas Especiais da Forza Aérea na Base Kirtlan da Forza Aérea en Novo México, acumulando máis de 4200 horas de voo.[1][2]

Eisele formou parte do terceiro grupo de astronautas da NASA, constituído en outubro de 1963. O 11 de outubro de 1968 formou parte da misión Apollo 7 como piloto do módulo de mando, xunto con Walter M. Schirra (comandante) e Walter Cunningham (piloto do módulo luar). Apollo 7 foi a primeira misión orbital tripulada dunha nave Apollo e foi lanzada para probar sistemas e técnicas a usar máis adiante. Eisele tamén foi reserva para o piloto do módulo de mando da misión Apollo 10. Pasou un total de 10,84 días no espazo. En xullo de 1972 retirouse tanto da Forza Aérea como da NASA e pasou a ser director dos Corpos de Paz dos Estados Unidos en Tailandia. Faleceu o 2 de decembro de 1987 durante unha viaxe de negocios a Tokio.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Mark Wade (2019). "Eisele, Donn Fulton" (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (decembro de 1987). "DONN F. EISELE (COLONEL, USAF, RET.)NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 16 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]