Donkey Punch the Night

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Donkey Punch the Night
EP de Puscifer
Data de edición: 19 de febreiro de 2013
Lanzamento: {{{lanzamento}}}
Datas de gravación:
Estudio(s) de gravación: Caduceus Cellars Bunker
Duración: 39:35
Xénero musical: rock alternativo, post-industrial
Selo discográfico: Puscifer Entertainment
Producido por: Mat Mitchell, Puscifer
Cronoloxía
Conditions of My Parole Donkey Punch the Night All Re-Mixed Up

Donkey Punch the Night é o terceiro EP da banda estadounidense de rock alternativo Puscifer, publicado o 19 de febreiro de 2013 a través do selo Puscifer Entertainment.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Donkey Punch the Night é a continuación do álbum de 2011 Conditions of My Parole e conta con dous temas novos, "Breathe" e "Dear Brother", ademais de dúas versións, "Bohemian Rhapsody" de Queen e "Balls to the Wall" de Accept. Tamén inclúe remesturas das novas cancións e dunha das versións.

O EP foi editado o 19 de febreiro de 2013 en formato dixital e en CD, sendo o vinilo publicado posteriormente o día 12 de marzo. O EP anunciouse, xunto coa súa listaxe de cancións e un conxunto deconcertos en Australia, en novembro de 2012. O EP conta coa mesma formación que Conditions of My Parole, con Maynard James Keenan nas voces, Carina Round nas voces e na guitarra, Mat Mitchell no baixo, na guitarra e nas programacións, Juliette Commagere nas voces adicionais, Josh Eustis na guitarra e no piano, Matt McJunkins no baixo e Jeff Friedl na batería e na percusión. Ademais conta con varios músicos invitados: Zac Rae no piano, Josh Morreau no baixo e Claire Acey nas voces.[1] Entre os artistas incluídos para as remesturas están Drumcell, SONOIO, Jonathan Bates e DJ Silent Servant.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "Bohemian Rhapsody" (O.G. mix) 5:52
2. "Breathe"   4:40
3. "Dear Brother"   3:43
4. "Balls to the Wall" (Pillow Fight mix) 3:55
5. "Breathe" (Drumcell rework) 7:24
6. "Dear Brother" (Denton rework) 3:24
7. "Balls to the Wall" (Silent Servant El Guapo mix) 4:11
  1. "Maynard James Keenan’s Puscifer to Release ‘Donkey Punch the Night’ EP in Early 2013". Loudwire. Consultado o 3 de agosto de 2018.