Donald H. Peterson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Donald H. Peterson
Datos persoais
Nacemento22 de outubro de 1933
LugarWinona
Falecemento27 de maio de 2018
Actividade
MisiónsSTS-6
Tempo no espazo5,02 días
editar datos en Wikidata ]

Donald Herod Peterson, nado en Winona, Mississippi, o 22 de outubro de 1933 e finado o 27 de maio de 2018, foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-6.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Peterson graduouse en ciencias pola Academia Militar dos Estados Unidos en West Point en 1955 e era máster en enxeñaría nuclear polo Instituto de Tecnoloxía da Forza Aérea na Base Wright-Patterson da Forza Aérea en 1962.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en setembro de 1969, participando na misión STS-6 e pasando un total de 5,02 días no espazo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Peterson, Donald Herod" (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (maio de 1994). "DONALD H. PETERSON (COLONEL, USAF, RET.)NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 31 de decembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]